CHARLA SOBRE AS FORZAS ARMADAS

A pesar da neve e que hoxe só estamos 6 alumnos e alumnas en ESO recibimos a visita dun representante das Forzas Armadas españolas, en concreto do exército do aire. 

Primeiro vimos un vídeo sobre cómo se traballa cada día no exército, tanto de terra coma de mar ou de aire e despois explicounos que as forzas armadas son como unha pequena familia onde non só hai pilotos, condutores, etc. senón tamén cociñeiros/as, mecánicos/as, fontaneiros/as,... ademais da súa labor en moitos países nos que están en misión humanitaria e co fin de defender á poboación civil, como Afganistán, Líbano,... 

Sempre é interesante coñecer novas alternativas laborais, quen sabe, igual algún ou alguha de nós aparece nuns anos de visita con uniforme.