COÑECENDO ALGUNHAS INICIATIVAS LABORAIS DO ENTORNO RURAL

Deixámosvos aquí algunhas iniciativas rurais que poden ser interesantes de cara a un futuro laboral non tan lonxano nalgúns casos:

GRANXA FAMILIAR

O proxecto nace a partir dunha investigación levada a cabo en Galicia e Irlanda entre o ano 2003 e 2006 e financiada pola Fundación Feiraco. Está dirixido ás familias agrarias produtoras de Galicia que tradicionalmente practicaron o policultivo e a multifuncionalidade rural; que no pasado destinaban a súa produción basicamente ó autoconsumo familiar e que actualmente están en disposición de introducir no mercado dita produción.

 

LOS PRODUCTOS DE LUGO

Co obxectivo de dar a coñecer os produtos lucenses e promocionar o seu consumo dentro e fóra da nosa provincia, a Deputación de Lugo, a través do proxecto InnovaTE, cofinanciado nun 70% polo FEDER, desenvolveu unha plataforma de comercio electrónico para potenciar a economía lucense, denominada “Los productos de Lugo”, a través da que se cede de xeito gratuito o seu uso ás empresas lucenses, podendo estas vender os seus produtos e servizos a través de internet.

CASA ANXEL

É unha produtora de lete e agora quexería artesá que traballa cos métodos tradicionais de sempre e apostando pola agricultura ecolóxica. Leva máis de 100 anos de tradición familiar gandeira e ten a certificación de AGRICULTURA ECOLÓXICA ademais do selo de DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA. Elabora o primeiro San Simón ecolóxico.

GRANXA MARUXA

A 3 km de Monterroso, elabora as Maruxas ou galletas de nata e ten leite ecolóxica que vende a unha multinacional francesa. Recibiu numerosos premios entre eles "Premio Alimentos de España a mulleres Emprendedoras" ou o Premio Innovación para Mulleres Rurais.

LEITE CRU

Explotación agrícola e ganadeira en Cima do Alle (Lalín). Producen leite cru de altísima calidade grazas a agricultura e ganadería ecolóxica.

É unha explotación familiar, e foi a primeira e única produtora de leite cru en Galicia. 

LEITE ULLA

No medio dun entorno natural, ó carón do Río Ulla, levántanse as instalacións de GANDEIRÍA LOUZAO en Santeles, A Estrada.

Unha explotación de tradición familiar, dende fai xa 4 xeracións, produce un leite natural, grazas a unha coidada e natural alimentación das vacas, alimentadas a base de pastoreo, seguidas dun proceso de pasteurizado, almacenaxe en depósitos, transporte e distribución en máquinas expendedoras, ofrecendo un producto natural, fresco, sen aditivos nin conservantes. 

LABREGOS DE LUGO

É unha empresa lucense con sede en Riotorto que comercializa con verduras e hortalizas recén colleitadas sen pasar por cámaras refrixeradas e sen intermediarios.

GRUPO DAIQUI

 Son un grupo de agricultores/as que traballan no concello de Rairiz de Veiga, ao sur de Ourense, nunha aldea chamada Carballal. Ten un valioso sistema agrario tradicional, ideal para a agricultura ecolóxica. Naceu no ano 1996 coa intención de demostrar que o sistema agrario tradicional galego é un patrimonio moi valioso. Teñen unha tenda virtual con moi ampla oferta e comercializan os seus produtos.