PROGRAMA XOGADE: Torneo de pin pon en Navia

Onte, mércores 15 de xaneiro o alumnado de Pedrafita, Navia, Cervantes e A Fonsagrada xúntamos para facer unha xornada deportiva. No caso do noso cole xogamos 5º, 6º e 1º de ESO, acompañados polos profes de Educación Fïsica Juan e Javi.
Xogamos entre centros un torneo de pin pon individual e por parellas, para recuperar forzas comimos no colexio de Navia e continuamos xogando a fútbol aproveitando o tempo de recreo antes de volver ao cada respectivo centro. O mellor foi que todos e todas regresamos cunha medalla en recordo desta xornada.

GALERÍA DE FOTOS DO TORNEO