OBRADOIRO XÉNERO EDUCA

Este luns 6 de maio, dentro do programa PROXECTA, tivemos a inmensa sorte de contar con JOSHUA ALONSO MATEO, membro do GRUPO KOREMI, e director do programa educativo XÉNERO EDUCA, encargado de  dirixir un obradoiro lúdico e reflexivo en torno ao tema da DESIGUALDADE e da VIOLENCIA DE XÉNERO

Con grande maestría e profesionalidade soubo meterse no peto tanto ao alumnado como ao profesorado, empregando xogos e reflexións sobre os mesmos, e deixando para o remate a súa propia experiencia persoal sobre a violencia de xénero que fixo brotar máis dunha bágoa e espertar unha enorme empatía traducida en aplausos e apertas. 

Dende aquí só nos queda felicitalo e agradecerlle o seu labor.

Moitas gracias, Joshua!!