A MAXIA DE DIEGO AS

A MAXIA DE DIEGO AS

 

Esta semana tivemos o enorme privilexio de poder disfrutar da compañía do excelente artista Diego As. Puidemos ver en vivo e en directo o ben que traballa e a maxia que logra cos seus espráis. Movementos lixeiros e precisos que deixou coa boca aberta a todo o alumnado. Foi invitado para plasmar unha ilustración que engloba un proxecto interdisciplinar xa que participa todo o centro, dunha maneira ou doutra. Un proxecto titulado REVÍRATE XA!, coordinado e dirixido dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, pola profesora María Míguez e que forma parte dun dos programas ofertados pola Consellería de Igualdade, PLAN PROXECTA: “Por 365 días de respecto e igualdade”, centrado no tema da violencia de xénero, unha gran lacra social que debe ser combatida dende todos os frentes e eliminada de raíz. A actividade foi seguida por distintos medios de comunicación como a TVespañola ou El Progreso.

Imaxe extraída da reportaxe realizada por El Progreso titulado: “Baixo o paraugas da igualdade”

 https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/baixo-paraugas-da-igualdade/202404050823201744624.html

 

Pero o artista, non só se dedicou a realizar o seu mural, senón que ademáis, colaborou de maneira activa co alumnado e coa súa paciente e divertida profesora de Plástica e Tecnoloxía, Eva Gil, dándolles consellos para pintar o seu propio mural. Unha pintura que é a continuación doutra e que reflicte a marabillosa paisaxe que nos rodea en Pedrafita: bosques verdes e frondosos, vacas, campos e o camiño de Santiago.

 

 E como se todo eso non bastara, deixouse entrevistar de forma aberta e moi paciente polo alumnado da ESO. Velaquí parte da entrevista:

 

David: ¿Por qué te decidiste a ser pintor? 

Diego As: Porque se me daba bien dibujar.

Mencía: ¿Con qué material de arte empezaste antes de usar el spray?

Diego As: Con pinturas Alpino, las típicas.

Carlota: ¿Qué significa para ti lo que haces?

Diego As: Es mi día a día, me mantiene vivo y es mi trabajo.

Maite: ¿Prefieres trabajar solo o formando equipo?

Diego As: En equipo, en murales grandes es más divertido.

Debuxo realizado pola alumna de 1º de ESO Maite Santiago

Jorge: ¿Qué te inspiró a estudiar artes?

Diego As: Llevo pintando toda mi vida, y es donde encajo .

Bayhole: ¿Quién es tu modelo a seguir?

Diego As: Miguel Belinchán.                                                                                                   

Daniel: ¿Cuándo comenzaste a hacer estos grafitis? 

Diego As: Sobre los 13 o 14 años. Salía por las noches con mis botes escondidos en mi mochila y les decía a mis padres que iba a divertirme con mis amigos en un local conocido de la zona, pero lo que hacíamos era pintar. 

Uxía: ¿Cuántos murales llevas pintado hasta ahora? 

Diego As: No lo sé, ya perdí la cuenta.

 

Teo: ¿Cuál es el mejor grafiti que has hecho?

Diego As: El de Julio César, frente a la muralla de Lugo.

Julio César de Diego As en Lugo, mellor mural urbano do mundo

Lucas: ¿Cuánto tardaste en hacerlo?

Diego As: Aproximadamente 10 días, pero de mucho trabajo, eso sí.

   

En fin, damos as grazas de novo a Diego As, pola sua arte e simpatía. Estamos convencidos de que a actividade foi acollida por todos con gran entusiasmo e sen dúbida formará parte das nosas mellores lembranzas. E para finalizar, agradecer ó noso fantástico e eficiente Concello de Pedrafita, patrocinador en gran medida desta actividade, posto que sen a súa colaboración, non tería sido posible. ¡Moitas grazas!