O Titiriteiro Ton Arenas
Enviado por Eva o Lun, 25/03/2024 - 11:40
Martes 19 de marzo do 2024,
Hoxe foi unha xornada especial. Tivemos a sorte de ter no noso cole a Ton Arenas, un titiriteiro que nos visita desde Mondoñedo para facernos rir e tamén traballar. Presentounos o seu compañeiro de vida e actuacións, Loubican, que nos fixo escachar coa risa. Tamén nos fixo traballar e fabricar o noso propio “bocón”. Unha marabilla!