11F-Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O alumnado da ESO asistiu o xoves 8 de febreiro a unha das charlas organizadas polo MUNCYT da Coruña e impartidas por mulleres informáticas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña,  mediante conexión en directo dende o CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) co MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) para conmemorar o 11 febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.