Talleres de nadal e o elfo do nadal

Preparándonos para o nadal...

O elfo do Nadal

O 1 de decembro chegou ó CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro un paquete do Polo Norte que viña directamente de Santa Claus.

Ó abrilo atopamos un conto e un elfo o que lle tiñamos que poñer nome, as nenas e nenos chamáronlle “Elfie”.

Elfie cada noite volve ó Polo Norte contarlle a Papá Noel se nos portamos ben ou mal, e logo él fai a lista dos nenos bos. Pero como ten maxia e volve rápido sempre chega cedo e anda argallando polo cole. É algo traste este elfo!

As veces trae premios, como a casiña de xenxibre e as veces rompe papeis e desordea cousas que logo temos que volver a ordear!

O elfo non nos pode falar pero si escoitar e non lle podemos tocar, porque perde a súa maxia!

A maxia do Nadal!

 Co agasallo do elfo, da casiña de xenxibre, fixemos un taller de construcción, decoración e degustación da mesma e personalizamos os nosos xerseis de nadal para a ocasión! Mira o vídeo para ver que ben o fixemos: