Entroido 2023
Enviado por Raquel o Mar, 28/02/2023 - 14:50
Celebramos o Entroido 2023 no cole co tradicional pasarúas polo pobo, onde nos agasallaron con caramelos.
Este ano o tema principal foi a música e os alumnos de Infantil presentáronnos a súa "banda molona de Uxía Lambona".
Os rapaces de primeiro, segundo e terceiro volvéronse uns rockeiros, cunhas guitarras profesionais moi chulas.
Os compañeiros de cuarto, quinto e sexto trouxeron o espectáculo mariachi e os alumnos da ESO representaron a época de "Grease"
Acabamos na praza visitando ós nosos amigos da residencia de maiores, que nos deron de merenda orellas e postres típicos.
Rematamos no cole con bailes, cancións e espectáculos de disfraces, con sorpresas incluídas...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_7543.JPG | 2.91 MB |
IMG_7549.JPG | 3.06 MB |
IMG_7547.JPG | 4.15 MB |
IMG_7542.JPG | 4.3 MB |
IMG_7553.JPG | 3.16 MB |
IMG_7555.JPG | 3.77 MB |
IMG_7554.JPG | 3.32 MB |