Visita ao rocódromo

Este martes 16 de novembro, os alumnos de cuarto, quinto, sexto de Educación Primaria e Primeiro da ESO acudimos ó rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para iniciarnos na escalada. 

Para a maioría era a primeira vez, e tras o medo inicial, repetimos nesta actividade tan divertida. No cole de Pedrafita estamos feitos uns auténticos escaladores! Cando rematou a actividade demos un paseo polas beiras do río Miño.