FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O venres día 21 de xuño celebramos o Festival de Fin de Curso ao que queremos invitarvos a todos e a todas.

Empezamos con Educación Primaria que nos representará "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" de Carlos Casares.

PROXECTOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE SECUNDARIA

Os alumnos e alumnas de ESO fixeron "pequenos-grandes" proxectos nas materias de Tecnoloxía e Proxecto Disciplinar. 

Na entrada do colexio temos unha pequena exposición para que todos poidades ver máis de cerca estes inventos.

SAIDA DE SECUNDARIA Á COSTA DA MORTE

O xoves 5 de xuño os alumnos e as alumnas de ESO, xunto con Marisa e Javi, atravesamos gran parte da xeografía galega para visitar a Costa da Morte. A viaxe foi longo pero mereceu a pena para poder gozar de paisaxes tan fermosas como as que podedes ver na GALERIA.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP AS NOGAIS

Na GALERÍA DE FOTOS podedes ver unha pequena mostra da xornada de convivencia o venres 14 de xuño no cole cos rapaces e rapazas do CEIP de As Nogais.

DEVOLVEMOS VISITA: MAÑÁ NO CEIP DE AS NOGAIS

Unha semana despois da súa visita, o venres 7 de xuño os nenos e nenas de Infantil e Primaria fomos ao CEIP de As Nogais. Nada máis chegar e como bos anfitrións ensináronnos as dependencias do centro para que puideramos sentirnos coma na casa para pasar a ver o contacontos musical.

CONTACONTOS EN COMPAÑA DO CEIP DE AS NOGAIS

O pasado venres 31 de maio recibimos no cole a visita dos nenos e nenas do cole de As Nogais. Aínda que xa nos coñecíamos de actividades anteriores tivemos un rato para poder xogar e crear un bo clima de confianza; logo puidemos gozar dun contacontos grazas a Kalandraka.

SAIDA A TRABADELO COA FUNDACIÓN OSO PARDO

Dende o ano pasado Endesa e a Fundación Oso Pardo teñen un convenio para a protección do oso pardo, levando a cabo accións dirixidas á conservación do oso pardo e do seu hábitat a través de medidas como actividades de educación ambiental nas comarcas de El Bierzo y Laciana para sensibilidazar aos rapaces e ás rapazas da necesidade da protección do seu patrimonio natural entre o que des

LETRAS GALEGAS 2013

O 17 de maio toda Galicia está de festa co gallo das letras galegas, pero nos adiantámonos porque ese día xa estamos de descanso e festexamos esta data na tarde do 16 de maio, aínda que adicamos un ratiño cada día ao longo da semana a preparar esta festividade.

DIA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA

O 17 de maio celébrase o Día Mundial contra a Homofobia, polo que dentro do Plan Proxecta como centro participante no Querote + os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO vimos o documental "Transexualidade en Irán" e reflexionamos sobre a homosexualidade en diferentes países, no noso propio entorno e sobre como en algúns lugares se chega a considerar unha enfermidade, como é o caso de Irán.

Distribuir contido