Orientación

Charla temática da USC: "Formación para o Traballo e Inserción Laboral"

     Hoxe, xoves, contamos no centro coa presenza de Dº Antonio Rial Sánchez, profesor titular da USC, para ofrecer ao noso alumnado de 3º e 4º da ESO unha charla sobre as formacións regradas e non regradas as que poden acceder cos seus estudos, os distintos niveis de cualificación, a formación profesional de grado medio e grado superior e os estudos universitarios.

AYUDAS FINANCIACION ANPAS

    Con data do 19 de abril do 2017 publicase no DOGA (Nº75) a ORDE do 3 de abril de 2017 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2017.

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, domingo día 2 de abril, é o Día mundial de concienciación sobre o AUTISMO. O termo Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesarrollo e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades na comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta.

Charla Temática da USC: "A nosa cara e expresión facial como medio de comunicación: unha aproximación á estética facial do século XXI"

Hoxe luns, día 27 de marzo, contamos no noso centro coa visita do profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Departamento de Estomatoloxía), Dº Jose María Suárez Quintanilla, que nos veu falar como o pelo, os ollos, os movementos musculares e as microexpresións son armas poderosas de comunicación.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN para alumn@s de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN: DO 1 AO 20 DE MARZO DO 2017

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O ALUMNADO

Foi mal o primeiro trimestre? Como redirixir o curso para acabalo ben

Foi mal o primeiro trimestre? Como redirixir o curso para acabalo ben

CHARLA PARA ESO DAS FORZAS ARMADAS

Hoxe, 2 de febreiro, contamos no centro coa presenza do Brigada Carlos Cabada Rodríguez que nos explicou que as forzas armadas españolas están constituídas polo Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire, que traballo desenvolven e como se accede a Profesión Militar: cales son os requisitos de idade, estudos, idiomas ….

CHARLA TEMÁTICA SOBRE "ACOSO ESCOLAR"

Un curso máis o noso centro educativo, contou cunha das charlas que se enmarca dentro do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas", que buscan a construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc. Para iso estas charlas informativas e formativas son impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

OBRADOIRO "QUÉROTE +"

Hoxe, xoves 19 de xaneiro, contamos no noso cole con Xosé, que traballa no centro Quérote+ de Lugo, estes centros dependentes da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, prestan un servizo de informaci

Distribuir contido