Complementarias

ANA FÁLANOS DO OSO PARDO

Hoxe luns 25 de abril recibimos no centro a visita de Ana, que nos falou do Plan de Recuperación do Oso Pardo da Xunta de Galicia; contounos cómo son os osos (tanto os machos como as femias), como e cando se reproducen, de que se alimentan (aínda que non o pareza son omnívoros pero predominantemente vexetarianos), onde adoitan vivir, xa que necesitan áreas extensas e con poucos humanos  e as zonas do norte nas que se distribúen (zona oriental da provincia lucense, Asturias e Cantabria).

CHARLA COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

O venres 7 de abril tivo lugar no noso centro unha charla - coloquio sobre o Parlamento de Galicia, esta actividade está organizada pola Presidencia do Parlamento en colaboración coa Asociación de Ex Parlamentarios/as, que teñen como obxectivo que o alumnado da ESO coñeza máis de cerca o funcionamento e o traballo que se desenvolve nesta institución.

Distribuir contido