1º-3º Educación Primaria

UNIVERSO, VOLCÁNS E RECICLAXE...SEMANA CHEA DE VISITAS

Esta semana as sesións de Ciencias Sociais de 1º, 2º e 3º estiveron cheas de visitas. Estamos traballando co Universo e co coidado do medio ambiente, polo que fixemos maquetas de constelacións, do sistema solar, das capas da terra,... algo por certo moi importante para entender o funcionamento dos volcáns; pero para axudarnos o profe Gabriel levounos ao laboratorio onde puidemos experimentar cos volcáns submarinos que xeneran illas nos mares e océanos e coas explosións de volcáns que forman coladas de lava que van cambiando a nosa xeografía. 

SAÍDA Á QUEIXERÍA ARTESÁ O CASTELO

No medio duns días de choiva constante, tivemos unha pequena tregua, que nos serviu para ter o tempo xusto para visitar a Queixería artesá que temos no pobo "O Castelo", coas profes Bea e Rocío baixamos 1º, 2º, 3º, 5º e 6º de Primaria.

CHARLA DOS RAPACES E RAPAZAS MAIORES SOBRE INCENDIOS PARA A CLASE DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

Os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º tiveron hoxe uns profes moi especiais, os compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria que explicaron os resultados das enquisas que elaboraron e aplicaron para coñecer as crenzas na zona sobre as causas dos incendios, que sobre todo serían descoidos, queimas de gandeiros/as, pirómanos e causas naturais.

VISITAMOS UNHA ZONA QUEIMADA DA NOSA LOCALIDADE

Dentro do Plan Proxecta "O monte vivo" e coa colaboración da USC organizamos unha saída pola localidade para observar e estudar unha zona queimada. Primeiro visitamos un piñeiral, no que puidemos observar como se queimaron os piñeiros silvestres (especie autóctona de Galicia, cousa que tamén aprendemos, ademais de coñecer o piñeiro radiata), observando que o lume non chegou as copas e, polo tanto, concluíndo que non foi un incendio de gran gravidade.

Distribuir contido