Orientación

OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte celebrabamos o Día Internacional da Muller e reivindicávamos a iguadade de oportunidades, soldo, seguridade,... e hoxe profundizamos na gran lacra social da violencia de xénero ao longo de toda a mañá grazas ao persoal da Cruz Vermella. 

FORMACIÓN PROFESIONAL: Ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

No seguinte enlace podes acceder a unha serie de listaxes que teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 1 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria, nelas poderás consultar os ciclos que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

O prazo extraordinario de presentación de solicitudes de setembro está aberto ata o día 8 ás 13:00 horas.

Presentación "Quérote+"

Os alumnos e alumnas fixeron unha presentación para explicarlle, aos seus compañeiros e compañeiras, o que aprenderon no "Quérote+", como se ve no vídeo que se colgou na páxina web do cole pero co fin de que toda a comunidade poida ver ao seu traballo, aquí  está ..... 

Video "Quérote +": informando as nosas compañeiras e compañeiros

E por fin chegou o gran día, as alumnas e alumnos que participaron no "Quérote+", ao longo de todo o curso, contáronlle aos seus compañeiros e compañeiras o que aprenderon .... e este foi o resultado, espero que vos guste tanto como nos gustou ao profesorado que traballamos neste proxecto. 

 

17 DE MAIO: O CPI UXIO NOVONEIRA CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA

 O día 17 de maio celebrase o Día mundial da internet e coincidindo na mesma data, o Día contra a homofobia e a transfobia. No centro de Pedrafita do Cebreiro somos conscientes de que o uso das novas tecnoloxías, as redes sociais, internet  … son un mecanismo  de comunicación e de difusión de mensaxes,  que levadas a cabo de xeito responsable e crítico podemos empregar para fomentar o respecto, a tolerancia e o valor da diversidade sexual.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC

Hoxe contamos no centro coa presenza de Javier López González, coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC e profesor na Escola Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo que veu acompañado de Fernando, alumno do grado de Relacións Laborais e Recursos Humanos, que esta a realizar o Traballo de Fin de Grado.

LIBROS SOBRE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS

Sinalo algunhas recomendacións sobre libros nos que se traballan as emocións e os sentimentos. Estes libros fomentaran o gusto pola lectura e ademais axudarannos a aprender a recoñecer e xestionar as emocións.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O Día Mundial de Loita contra o  "BULLYING" ou o "ACOSO ESCOLAR", conmemórase cada 2 de maio. Trátase dunha campaña que busca combater o "acoso escolar" ou "bullying" e o "acoso na internet ou ciberbullying", un grave problema que afecta a millóns de escolares  en todo o mundo e que causa, polo menos, 200 mortes cada ano, xa sexa por homicidio ou por indución ao suicidio cada ano. É dicir, leva a vida de nenos/as e mozos/as en todas partes do mundo.

VISITA AOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE LUGO

        Hoxe, visitamos conxuntamente co CPI de Seoane do Courel  algún dos centros de Lugo que imparten ensinanzas de Formación Profesional, concretamente:
  • CIFP As Mercedes, neste centro integrado de formación profesional impártense as familias profesionais de “Enerxía e Auga”, “Transporte e Mantemento de Vehículos”, “Instalación e mantemento”; e “Comercio e Marketing” .
Distribuir contido