Complementarias

ESPERAMOS TER UNHA MOSTRA NO COLE... MENTRAS INVITÁMOSVOS A VISITALA

Gustaríanos compartir con vos unha iniciativa solidaria dunha pequena Ong chamada Hospitaleros Sin Fronteras ca que intentamos canalizar a solidaridade do camiño para axudar os nenos talibés de Senegal. Desde a súa fundación fixeronse 5 viaxes con axuda humanitaria e desde o último ano conseguiuse poñer en marcha unha asistencia básica de saude, un profesor e unha axuda para a manutecnión de 60 nenos talibes (huerfanos ou abandoados por familias pobres que malviven pedindo na ruas).

25 DE NOVEMBRO: O CPI UXIO NOVONEIRA UNIDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada ano, a pesar de todas as restriccións, celebramos de forma conxunta ou máis ben colaborativa, o Día Internacional contra a violencia de Xénero. Este ano tocounos ser os e as protas dun videoclip, porque a música é o noso e non hai mellor forma para dicir NON é NON. Tivemos a un director de escenografía inmellorable, o noso profe Benjamín, e a un cámara profesional, o profe Julián. A ver se nos vedes futuro nisto da música? 

FESTIVAL FIN DE CURSO

E cando parecía imposible, para profes, alumnado e familias de Pedrafita non o foi! A pesar do confinamento tivemos festival de fin de curso, un pouco máis lonxe do que estamos acostumados pero a plataforma Webex fíxoo posible! 

Distribuir contido