blogue deGabi

Colleitando os produtos da nosa horta!!!

Onte estivemos apañando as patacas, zenouras, cabaciños, cebolas... de aquí a vender na feira hai un paso!

Festival fin de curso

Recollida do 2º premio á ecoinnovación da Fundación Endesa

https://www.youtube.com/watch?v=xYfA9zoVYCM&ab_channel=gabrielDasilvaAlonso

V Congreso Científico da Montaña

https://www.youtube.com/shorts/CLlm-F7cxcU

Esperámosvos no Festival Fin de Curso o próximo 21 de xuño!

Andaina A Fonte do Teixo

Dia marabilloso en Binatur!

Preparándonos para o V Congreso Científico da Montaña!

Os vindeiros 15 e 16 de xuño, o alumnado de primaria e da ESO participaremos deste Congreso no que expoñeremos 7 traballos realizados durante este curso. Nesta edición, a sede será o colexio do Courel. Aquí vos deixamos o programa e cartel deste ano!

Charla da Garda Civil sobre adiccións aos videoxogos e ás drogas!

Hoxe estivo con nós Ramón, da garda civil, contándonos e alertándonos dos perigos MOI REAIS que supoñen os videoxogos para o alumnado de primaria e da ESO. Logo seguiu cos máis maiores falando sobre os riscos de diferentes drogas

2º premio no certame: VII Premios á Ecoinnovación da Fundación ENDESA!!

O alumnado de 4º da ESO participou durante este curso no VII certame que organiza a fundación ENDESA sobre ecoinnovación a nivel nacional. Concorreu co seu traballo de investigación sobre a praga da avispiña dos castiñeiros e finalmente conseguiu o 2º premio cunha dotación de 1000 euros máis unha viaxe a Madrid para recoller o premio o vindeiro 16 de xuño!! Noraboa a David, Sofía e Jesús!! A continuación tedes un vídeo resumo do que foi o seu proxecto:

Distribuir contido