Complementarias

MAGOSTO-SAMAÍN 2016: OBRADOIRO DE COCIÑA E CONTOS TERRORÍFICOS

Este ano atrevímonos a entrar na cociña para celebrar o Magosto e o Samaín o día de San Martiño. Todos dende Infantil que preparou galletas de cabaza con froitos do outono ata os maiores de ESO que fixeron tartas de cabaza e minipizzas de momias pasando por primaria que cociñaron biscoitos de castañas. Eso sí, coa axuda dos profes e de Maria José, a nosa cociñeira que nos cedeu cociña, utensilios e paciencia. Aquí podedes ver o resultados que probamos pola tarde cos papás e mamás que viñeron a probar as castañas do noso magosto.

OS MAIORES IMOS Á CIDADE DE A CORUÑA: FUNDACIÓN BARRIE E MUNCYT

O mércores 26 de outubro os maiores do cole, dende 4º de Primaria a 4º de ESO, visitamos a cidade de A Coruña para visitar a Fundación Barrié acompañados polo profe Juan e as profes Cris de tecnoloxía que nos organizou as visitas, Carmen e Noelia.

APRENDEMOS PRIMEIROS AUXILIOS GRAZAS A ANPA

Dende este curso contamos por primeira vez en anos con ANPA e tivemos a sorte de que nos organizara unha interesante actividade como é aprender a realización dos primeiros auxilios (RCP ou reanimación cardiopulmonar, posición lateral de seguridade e a maniobra de Heimlich para os atragantamentos). Grazas a Inés e Teresa xa podemos empezar a salvar vidas. Moitisimas grazas a elas e a ANPA.

Distribuir contido