Skip to Content

Para chegar ao CPI

 

Google maps

Podes ver onde quedamos no Google maps. Somos esa "especie de L" cun patio rosado no medio.


Ver mapa máis grande

 

 Como chegar

Como o noso cole está nunha depresión do terreo, hai que dar unha curva de 180º en costa abaixo e sen visibilidade, a maioría da xente pérdese a primeira vez que vén. Para iso sigue estas sinxelas instrucións e verás como non te perdes.

  1. Saímos do Barco por Viloira e tiramos recto.
  2. Enseguida chegamos ó desvío a Alixo. Non o collemos. Xa non teremos máis ata o do cole.
  3. Pasamos unhas curvas abertas, logo unhas moi estreitas (se veñen camións hai que esperar antes de entrar e deixalos pasar) e pasamos a carón dunhas escombreiras de lousa que deixamos á esquerda.
  4. Logo pasamos un par de naves e unha gasolineira, e encaramos unha recta na que se ve unha minicentral eléctrica á esquerda e que acaba en Sobradelo.
  5. O desvío para o cole está xusto antes da minicentral. Ollo, porque no desvío hai que facer un xiro á esquerda de 180º, é dicir, un cambio de sentido. Non coller á dereita, que tiramos monte arriba.

O cole está a un nivel moito máis baixo da estrada e por iso non se ve dende a mesma, ata que fas o cambio de sentido. A continuación vén un mapa deste percorrido e unha foto do cole, para recoñecelo.

 

 



page | by Dr. Radut