Skip to Content

Club de ciencia

EXPERIMENTO "AQUELANDO" TVG

MOSTRAMOS A CONTINUACIÓN O EXPERIMENTO CO QUE PARTICIPA  O CPI RAMÓN PIÑEIRO, NO PROGRAMA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DA TVG "AQUELANDO".

LEVÁRONO A CABO OS ALUMNOS PABLO LÓPEZ URRUTIA (6º PRIMARIA) Y MENCÍA SOTO PÉREZ (1º ESO), AXUDADOS POLA PROFESORA CARMEN SOMOZA.


Experimento "O peso do aire"

imaxe

ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA [abril 2021]: "O peso do aire": Malia que non o pareza, o aire pesa. Para comprobalo:

  • Inflamos un globo.
  • Colocamos unha percha a xeito de balanza.
  • Nun extremo da percha, colgamos o globo inflado.
  • Obsérvase que a balanza se desequilibra a favor do extremo no que está o globo.

Tamén descubrimos que o aire adquire a forma do globo (redondo, alongado...) no que foi introducido.

VÍDEOS ALUMNOS DE FÍSICA E QUÍMICA DE 2º ESO

Os alumnos e alumnas de 2º ESO levaron a cabo algúns experimentos nas súas casas que podedes ver aquí:

 

 

 

 

 

Experimento "Maxia con pinceis"

imaxe

ALUMNOS DE INFANTIL [marzo]: "Maxia con pinceis": Os nenos pintan con témpera misturada con auga un folio en branco. Según van pintando vai aparecendo de "forma máxica" o nome do neno/a.

Experimento "Búsqueda das letras desaparecidas"

experimento

ALUMNOS DE INFANTIL [febreiro 2021]: "Búsqueda das letras desaparecidas". Poñemos unha bandexa de cristal e debaixo un folio con letras. Botamos auga na bandexa e tinguimos a auga con témpera, cun vaso de cristal hai que buscar as letras que "desapareceron".

Experimento "Facemos neve"

imaxe

ALUMNOS DE INFANTIL [xanerio 2021]: "Facemos neve". Fixemos dous tipos de neve: unha con bicarbonato e acondicionador e outra con cueiros.

Experimento "Maxia con cores"

ALUMNOS DE INFANTIL [xaneiro 2021]: "Maxia con cores". Pintan só por un lado o debuxo, dobramos e parece que queda sen colorear. Métese nunha cubeta con auga e de repente "píntase só".

Video "Maxia con cores"

Experimento "Volcán"

volcán

ALUMNOS DE INFANTIL [novembro 2020]: "Volcán". Primeiro facemos un volcán con masa branca e pintámolo. E despois creamos a lava con bicarbonato, vinagre, xabón e colorantes.

Video experimento

CLUB DE CIENCIA no CURSO 2019-20

CONFERENCIA DE LUÍS LIZ MARZÁN

O venres, 8 DE NOVEMBRO,   alumnos de 4º de ESO asistimos en Lugo á conferencia do investigador Luís Liz Marzán, “Nanotecnoloxía no Ano da Táboa Periódica”, polo Día da Ciencia en Galego.

Naceu e estudou en Lugo e Compostela. Acualmente Luís Liz traballa no País Vasco combinando a ciencia dos materiais a escalas nanométricas (millonésimas de milímetro),  con estudios relacionados coa medicina. 

Conta con máis de 22premios, máis de 400 publicacións,  máis de 350 conferencias e co-inventor  8 patentes.

 

 

SEMANA STEM 1º ESO

 Os nosos alumnos/as de 1° ESO participan estés días na semana STEM organizada pola Consellería de Educación nos Peares.

Durante este tempo traballarán contidos de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

 

 

 

VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS

 

O 16 de xaneiro estivemos na Facultade  de Ciencias, participando no programa Xoves Investigadores, co alumnado de 4º  ESO.

 

11 de FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O mundo necesita ciencia, e a ciencia necesita mulleres e nenas. A día de hoxe, só o 30% dos investigadores en todo o mundo son mulleres, e só o 35% de todos os estudantes matriculados nos campos de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) son mulleres. O 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, unha gran ocasión para romper estereotipos, desafiar os prexuizos de xénero  e derrotar a discriminación nos campos de STEM. 

O pasado venres, estivo con nós GEMMA ROJO LÓPEZ, enxeñeira de Camiños, que nos falou da súa traxectoria académica dende a aldea de Currelos (O Saviñao),  ata a Escola de Enxeñaría de Camiños na Coruña, onde desenvolve a súa labor investigadora.

 

EXPERIMENTOS DO ALUMNADO DE 5º de PRIMARIA

 ELECTRICIDADE ESTÁTICA

 

 

EXPERIMENTANDO CON LUZ NEGRA

 

 

GLOBOS DE CO2

 

 

LÁMPADA DE LAVA

 

 

NEBULOSA NUN FRASCO

 

 

O AIRE OCUPA LUGAR

 

 

O MAR NUNHA BOTELLA: DENSIDADES

 

 

ÓSMOSE CON PASAS

 

 

PRINCIPIO DE ACCIÓN E REACCIÓN

 

 

XOGANDO COA CONDENSACIÓN DAS NUBES

 

EXPERIMENTOS NO CONFINAMENTO

ARCO IRIS LÍQUIDO

Distribuir contenido


by Dr. Radut