Skip to Content

Novas

CALENDARIO COLE 2024

Xa temos á disposición da comunidade educativa o noso novo calendario 2024.

Foi deseñado polo profesor Jorge Santiago García, do Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, coa colaboración dos rapaces e rapazas do centro.

 

 

Paciencia! Chegará pronto aos vosos fogares...

ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES

O alumnado da materia de Proxecto Competencial (dentro do Plan de actividades Proxecta+ de voluntariado) vai dirixir sesións de actividade física con persoas maiores da zona na súa hora de clase nas instalacións do CPI: 

- Xoves: de  14:55 - 15:35

- Venres: de 10:30 - 11:20 

             e de 12:35 - 13:25

 Consiste nunha actividade gratuíta na que se pretende establecer relacións entre os estudantes e a veciñanza, á vez que se trata de mellorar a calidade de vida das persoas que asistan.

Na primeira sesión farase unha avaliación inicial da condición física e nas seguintes realizaranse exercicios e xogos para mellorala.

Para participar, hai que chamar ao centro (988 68 50 40) e deixar un teléfono de contacto.

Animádevos!

 

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

 

Aclaración da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado.

DEMOSTRACIÓN DE LOITA NO COLE

O venres 3 de novembro pola mañá, Juan, o monitor de Loita das actividades extraescolares do cole, fíxonos unha pequena demostración deste deporte!

O alumnado de Primaria participou activamente na actividade! Quedaron todos moi contentos!

Así que animádevos e anotádevos á actividade pedindo máis información á ANPA do centro! 

 

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR 2023/2024

Está a vosa disposición o modelo de autodeclaración para a solicitude do servizo de comedor para o próximo curso 2023/2024.

Recordamos que o prazo para entregalo en secretaría remata o día 11 de setembro de 2023.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES COMEDOR 2023-2024

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

FONDO LIBROS 2023/2024

Xa están publicadas no taboleiro interior de secretaría as listaxes do fondo de libros.

Podedes acudir ao centro  consultar as listaxes ou chamar por teléfono de 9:30 ás 13:30 ata o día venres 14 de xullo.

Inicio de curso secundaria e reunión de pais e nais

O próximo mércores día 15 de setembro comezan as clases de secundaria en horario habitual de setembro. Ademais ás 9:00 haberá unha reunión e presentación no patio do centro para os alumnos e os pais e nais que queran asistir. Para recordar as normas e as pequenas novidades deste curso.

 

Recordamos que hoxe ás 12:00 é a reunión cos pais e nais en infantil e primaria e mañá día 9 comezarán as clases en horario de 09:00 a 14:00, ata as 15:00 co comedor.

 

Adxuntamos a declaración responsable conforme os pais e nais se comprometen a realizar a enquisa de autoevaluación da COVID antes de acudir o centro.

Que terá que entregarse en secretaría.

 

 

O equipo directivo

Reunión inicio de curso infantil e primaria

Bos días, o próximo mércores día 8 ás 12:00 teremos a reunión de inicio de curso cos pais e nais dos rapaces de infantil e primaria. Será no patio ó aire libre para respectar as normas COVID. 

Haberá un repaso e actualización das normas do curso e as nais e pais poderán falar cos titores. 

 

O equipo directivo.

PROTOCOLO DO COMEDOR - CURSO 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut