Skip to Content

Complementarias

VOLVE O CLUB DE CIENCIAS

Xa retomamos as actividades do Club de Ciencias! Podedes ver todos os nosos experimentos no noso Blog (accesible nesta mesma páxina, a dereita)! Este mes empezamos coa forza do magnetismo! E coma sempre, diversión asegurada!!!!

XORNALISTAS POR UN DÍA

VISITA AOS ESTUDIOS DE TELEMIÑO

(OURENSE)

Hoxe, xoves 2 de novembro, os rapaces e rapazas de 5º-6º e da ESO, transformáronse en verdadeiros periodistas no plató da televisión local, Telemiño.

Participaron nunhas entrevistas, asistiron a gravación en directo dun boletín metereolóxico, atenderon ás explicacións do enxeñeiro do son e por último visitaron o plató do programa de cociña "Estache bo!"

 

 

 

 

SAMAÍN 2023

CHEGOU O SAMAÍN EN PADRENDA! 

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no cole! Decoramos a biblioteca, os corredores e unha morea de cabazas que levamos á Praza de San Roque pola tarde. Alí, os rapaces e rapazas da ESO así como o alumnado de 3º e 4º de Primaria leron historias de medo!

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2011-2012

Pica na foto dos teus compañeiros/as de 4º da ESO e descarga todas as fotos do festival:

     

                                      

Pouco a pouco subiremos todos os videos do festival, para podelos ver só tes que picar no nome da actuación:

 

4º-5º Inf.: "Estoy durmiendo"

6ºInf.: "O pirinpinpín"

1º-2º Ed. Primaria: "Grease"

3º Ed. Primaria: "Ramalama"

4º Ed. Primaria: "Balada Boa"

                                        

Final provincial Campo a Traves 2012

O equipo benxamín feminino, desafiando o intenso frío, participou na final provincial de Campo a Través celebrada o sábado 11 de xaneiro nas pistas de Monterrei.

Desta vez non gañaron ningún trofeo, iso é o de menos. O máis importante foi o seu esforzo para chegar á meta.

Só por iso xa son gañadoras! Noraboa a todas!

ENTROIDO 2012

 

FerminaComo cada ano coa chegada do entroido no CPI Padrenda-Crespos aparece o noso meco para  obrigarnos a disfrazarnos cada día.

Este ano presentámosvos á esqueleta Fermina!. Estade moi atentos porque cada día nos dirá o seu mandadiño; procurade seguilos se non queredes ter problemas con ela...

Festa rachada neste entroido 2012!

 

1º Mandadiño: 

Luns 13 de Febreiro:  Aí vén o Entroido ¡queremos participar! Adorna  o pescozo e ponte a troulear.

1º Mandadiño

 

2º Mandadiño: 

Martes 14 de Febreiro:  Se no Entroido queres molar un corazón de papel na roupa debes colgar!

3º Mandadiño: 

Mércores 15 de Febreiro:  Se no colexio te queres divertir con algo na cabeza tes que vir!

4º Mandadiño: 

Xoves 16 de Febreiro:  Ás fiestras dos ollos ponlles cortiñas. Que non te coñezan as túas veciñas!

 

Carreira de campo a través

Una ano máis o noso alumnado animouse a participar na carreira de campo a través, competición comarcal que se celebrou en Muíños o pasado 18 de xaneiro.

Con máis ou menos éxito, todos chegaron á meta.

Mención especial merecen as o equipo das "benxaminas": Alessandra, Sheila, Ainhoa, Érika e Antía que quedaron en 2º lugar e se clasificaron para a fase provincial.

FELICIDADES A TODOS!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O pasado venres 10 de xuño de 2011 os nenos e nenas de infantil e primaria, marchamos de excursión á Área recreativa "O Mundil". Premede na imaxe para ver as fotos.


LETRAS GALEGAS

O venres 13 de maio pola tarde celebramos o Día das Letras Galegas.

No festival participaron os alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria.

Para pór punto e final á celebración o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria entonou o himno galego, xunto co público asistente.



sentímolo, flash non está dispoñible.

PEACE DAY 2011

Distribuir contido


by Dr. Radut