Skip to Content

Casos Covid

Bo día, debido os casos que hai no concello de Padrenda faise necesario esta nota. A día de hoxe non hai ningún caso confirmado de Covid no centro, e moito menos algunha aula pechada, a pesar dos rumores que corren. Si que é certo que hai algún alumn@ confinad@ por estar en contacto con algún positivo.

O que pido é colaboración, responsabilidade e transparencia para poder atallar o problema se sé dera o caso.

Cando hai a mínima sospeita de ser positivo ou ter algún síntoma compatible debedes avisar o pediatra e non mandar o alumn@ ó centro. No caso de ser contacto estreito dun positivo tamén débese notificar ó médico e no caso dos alumn@s de infantil e primaria confinarse ata que se lles faga unha proba PCR.

Recordamos que proba PCR non é o mesmo que test de antíxenos. A PCR é moito máis fiable e a que contabiliza para declarar a un caso positivo ou negativo. Cando unha PCR é positiva sanidade notifícanos do contaxio e pídenos os contactos do centro, para poder atallar o problema e non se estenda o virus.

Por todo isto vos pedimos a vosa colaboración, é responsabilidade de todos que isto non vaia a máis.

Un saúdo

 O director

 

Jorge Rodíguez Lorenzo



story | by Dr. Radut