Skip to Content

Día Nacional das linguas de signos Españolas

Hoxe é o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. É dicir, da lingua de signos española (LSE) e da lingua de signos catalá (LSC). Ambas linguas foron recoñecidas pola Lei 27/2007 do 23 de outubro, hai xa 14 anos.
Como podes ver as linguas de signos non son universais, aínda que si proporcionan a felicidade mundial da comunicación entre os seus usuarios.
Moitas persoas xordas utilízana como principal medio de comunicación. hoxe, baixo a etiqueta #ytuporquesignas moitas delas explicarán o que significa esta lingua nas súas vidas.


story | by Dr. Radut