Skip to Content

Blogues

ESPECTÁCULO MUSICAL NO AUDITORIO DE OURENSE

Este pasado xoves 30 de novembro os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria asistiron no auditorio de Ourense á unha obra teatral e musical do grupo Odaiko Percussion Group!

Un espectáculo cheo de humor e diversión ao ritmo de tambores, xilófonos e outros instrumentos de percusión.

Aproveitamos tamén o día para visitar a Biblioteca Municipal de Ourense e gozar da sección Infantil e Xuvenil! 

 El grupo Odaiko presenta «Vaia ritmo»

ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES

O alumnado da materia de Proxecto Competencial (dentro do Plan de actividades Proxecta+ de voluntariado) vai dirixir sesións de actividade física con persoas maiores da zona na súa hora de clase nas instalacións do CPI: 

- Xoves: de  14:55 - 15:35

- Venres: de 10:30 - 11:20 

             e de 12:35 - 13:25

 Consiste nunha actividade gratuíta na que se pretende establecer relacións entre os estudantes e a veciñanza, á vez que se trata de mellorar a calidade de vida das persoas que asistan.

Na primeira sesión farase unha avaliación inicial da condición física e nas seguintes realizaranse exercicios e xogos para mellorala.

Para participar, hai que chamar ao centro (988 68 50 40) e deixar un teléfono de contacto.

Animádevos!

 

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Ao longo da semana pasada, realizamos varias actividades nas aulas (debates, haïkus, debuxos) sobre a violencia de xénero.

E hoxe, luns 27 de novembro de 2023, reunímonos na biblioteca para a entrega de premios de carteis organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística. Pero antes, o alumnado de Primaria interpretou a canción de Rozalén "La puerta violeta". 

 

 

CROSS EN MUÍÑOS

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS EN MUÍÑOS

O martes 21 de novembro de 2023, os rapaces e rapazas desde 2º de Primaria ata 3º da ESO participaron na primeira xornada de deporte escolar deste curso.

Parabéns a todos e todas, especialmente a:

- Rubén (1º da ESO), subcampión, Infantil masculino

- Uxía (3º da ESO), subcampioa, por equipos, feminino

- Rubén (2º da ESO), subcampión, por equipos, masculino.

 

    

 

RECOLLIDA SOLIDARIA

127 QUILOS!

É a cantidade de alimentos e de produtos de hixiene que, grazas á vosa participación e xenerosidade, se recolleu no cole para a organización Cáritas do Ribeiro.

CHARLA PARA A ESO

O xoves 9 de novembro de 2023, Manuel Rivas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) animou un obradoiro para o alumnado da ESO sobre o uso correcto de distintas  aplicacións e os perigos dos perfís nas redes sociais. 

MAGOSTO 2023

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto no centro: menú especial no comedor con bolos preñados, empanada e castañas. E pola tarde, xogos populares no pavillón! Un día moi festeiro!

 

 

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

 

Aclaración da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado.

DEMOSTRACIÓN DE LOITA NO COLE

O venres 3 de novembro pola mañá, Juan, o monitor de Loita das actividades extraescolares do cole, fíxonos unha pequena demostración deste deporte!

O alumnado de Primaria participou activamente na actividade! Quedaron todos moi contentos!

Así que animádevos e anotádevos á actividade pedindo máis información á ANPA do centro! 

 

VOLVE O CLUB DE CIENCIAS

Xa retomamos as actividades do Club de Ciencias! Podedes ver todos os nosos experimentos no noso Blog (accesible nesta mesma páxina, a dereita)! Este mes empezamos coa forza do magnetismo! E coma sempre, diversión asegurada!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut