Un ano máis continuamos cos adestramentos e competicións de campo a través e atletismo que, dende fai xa moitos anos, realiza o noso colexio. O sábado 26 de novembro tivo lugar a xornada comarcal de Campo a través de A Guarda.

Realizouse no Cámping de Santa Tegra e a pesar das condicións meteorolóxicas os participantes desfrutaron desta xornada.

BENXAMÍN MASCULINO

 

ALEVÍN FEMININO

Os mellores clasificados individuais en cada categoría foron os seguintes:

-BENXAMÍN MASCULINO:Borja Sobrino 9º clasificado ; BENXAMÍN FEMININO: Lucía Rivero 10ª clasificada.

-ALEVÍN MASCULINO: Lucas Sobrino 6º clasificado, ALEVÍN FEMININO:Yajaira Rodríguez 4ª clasificada (ambos clasificados para o campionato provincial).

-INFANTIL MASCULINODaniel Vicente 3º clasificado.

-CADETE MASCULINO: Ángel González campión e Aitor Rodríguez subcampión, CADETE FEMENINO: Carmen Rodríguez 5ª clasificada

 

ÁNGEL E AITOR RECIBINDO AS MEDALLAS DE CADETE MASCULINO

 

DANIEL RECIBINDO A MEDALLA EN INFANTIL MASCULINO

 A clasificación por equipos foi a seguinte:

-Benxamín feminino sexto lugar.

-Benxamín masculino cuarto lugar.

-Alevín feminino terceiro lugar.

-Alevín masculino quinto lugar.

-Infantil masculino campión.

-Cadete feminino subcampión.

-Cadete masculino campión.

Pinchando aquí podedes ver as clasificacións.

CAMPIÓNS NA CATEGORÍA CADETE MASCULINO

CAMPIÓNS NA CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

Despois do gran traballo realizado, salientar que Yajaira e Lucas e Daniel clasificáronse de maneira individual para o campionato provincial que se celebrará no vindeiro mes; así coma os equipos infantil masculino, cadete feminino e cadete masculino que tamén se clasificaron para a competición provincial por equipos.

EQUIPO BENXAMÍN FEMININO

 

EQUIPO ALEVÍN MASCULINO   

SUBCAMPIONAS NA CATEGORÍA CADETE FELININO    

Pinchando nestes enlaces poderán ver as clasificacións nas distintas categorías, asi coma as fotos tomadas pola organización e un video grabado durante a competición.

 

POR ÚLTIMO, PARABÉNS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E ESFORZO, E ANIMARVOS A SEGUIR ADESTRANDO PORQUE XA LOGO COMEZAN AS PROBAS DE ATLETISMO EN PISTA!!!!

TRABALLANDO DURO NOS NOSOS ADESTRAMENTOS!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.