De outubro a maio nas tardes dos xoves un grupo do alumnado, de Infantil e Primaria, participa nas actividades, ofertadas pola ANPA, de Patinaxe e Baile, entre outras.
Este xoves día 30 de maio ás 14:45 horas, como peche do curso, realizarán unha actuación no ximnasio do centro para que os que poidan veñan a ver un resumo do aprendido e algunha exhibición estelar.