Skip to Content


 

ACTUACIÓNS FIN DE CURSO ACTIVIDADES ANPA: PATINAXE E BAILE

De outubro a maio nas tardes dos xoves un grupo do alumnado, de Infantil e Primaria, participa nas actividades, ofertadas pola ANPA, de Patinaxe e Baile, entre outras.

Este xoves día 30 de maio ás 14:45 horas, como peche do curso, realizarán unha actuación no ximnasio do centro para que os que poidan veñan a ver un resumo do aprendido e algunha exhibición estelar.

TARABELA 24

Chega a nosa revista escolar, este curso a número 13, e con ela ímonos achegando ao remate do curso 2023-2024, porque a nosa revista é un resumo das aprendizaxes máis salientables que todos xuntos acadamos.

MOITOS PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!

A GOZAR DA LECTURA!!

 

TARABELA 24 de Raquel

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado día 9 de maio o alumnado de 6º de E. Primaria realizou un obradoiro sobre primeiros auxilios.

A continuación unha mostra desta actividade levada a cabo no centro:

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS de Entre estrellas que iluminan

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2024

Ao longo deste mes o alumnado do Centro foi realizando tarefas relacionadas coa autora homenaxeada este ano no día das letras Galegas, Luísa Villalta, dende cancións, murais, construcións, decoración, programas de radio e varias actividades de investigación.

A continuación un resumo:

LETRAS GALEGAS 2024 de Raquel

OBRADOIRO DOBRAXE NA ESCOLA 6º E. PRIMARIA

O pasado martes, día 14 o alumnado de 6º de E. Primaria asistiu a un Obradoiro de Dobraxe na Escola, no Auditorio da cidade, a cargo de dous actores, Suso e Manuel, dentro dos programas educativos ofertados polo Concello.

Unha mañá de andaina e aprendizaxes.

A continuación unha mostra:

 

DOBRAXE NA ESCOLA de Entre estrellas que iluminan

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

ABERTO O PLAZO PARA A SOLICITUDE DE FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2024-2025

21 DE MAIO A 21 DE XUÑO DE 2024

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA OU POR REXISTRO NO CENTRO ESCOLAR

IMPRESOS NA SECRETARÍA DO CENTRO ESCOLAR

AVISO CENTRO

Aviso festivos de Entre estrellas que iluminan

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º E. PRIMARIA

Este xoves, 9 de maio, o alumnado de 1º, 2º e 3º E. Primaria realizaron a súa excursión de fin de curso á Casa do Bosque en Garabelos no concello de Chantada con Anxo Moure como guía.

 

excursión 1º 2º e 3º EP !!! de Raquel

SOLICITUDE BECAS NEAE

BECAS NEAE de Entre estrellas que iluminan

OBRADOIRO PODCAST E EXPOSICIÓN "O VELLO DOS CONTOS"

Co gallo da celebración do VI Certame premios de Podcast O Vello dos Contos, este xoves o alumnado de 5º de Primaria participou nun obradoiro sobre edición de Podcast, impartido por Aldán, que ademais nos deixou unha exposición sobre a vida de Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, que permanecerá na Bilioteca dente onte e toda a vindeira semana.

Obradoiro de Podcast de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut