Xéneros e figuras literarias
Definición. Ata o século XVIII literatura referíase a todo aquilo que estaba escrito. A partir dese momento, o concepto aplícase só as obras creadas grazas á imaxinación e que teñen vontade de estilo, é dicir, que buscan a beleza. |
|
|
|
|
|
A linguaxe literaria. Como vimos, fronte á linguaxe natural que busca simplemente comunicarnos, a linguaxe literaria busca a estética. Os escritores fan da lingua o seu instrumento de traballo e atopan matices novos, apreciacións que cando falamos non achamos. A linguaxe literaria pode dividirse en prosa ou verso.
A literatura oralNo mundo existen un gran número de linguas que non se escriben, por outra banda, historicamente naquelas linguas que si se escribían unha boa parte dos seus falantes eran analfabetos. Iso non quería dicir que esas xentes carecesen de literatura. Eles posuían a literatura oral. A literatura oral cumpriu unha función primordial na historia da humanidade, pois sempre precedeu á literatura escrita. Á parte, servía para transmitir conceptos, valores, tradicións... A literatura oral é un exemplo da riqueza dun pobo, nunca se debe menosprezar. A base de moitos escritores, como as historias que narra Cunqueiro, será a literatura oral. |
|
|
|
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=%C1lvCunqu&alias=%C1lvaro+Cunqueiro |
|
Funcións da literaturaNa literatura coexisten distintas funcións:
Funcións da literatura galega
Como é natural a literatura galega ten todas as función anteriores. A nosa é unha literatura antiga que foi moi importante na Idade Media e que hoxe está a vivir outra época de ouro. http://www.usc.es/~ilgs/santiago.html
Con todo, a literatura galega, como a catalana, a literatura en éuscaro en bretón ou outras escritas en linguas minoritarias ten algunhas características especiais. Boa parte destas características aparecen porque no territorio de Galicia o galego se atopa claramente en desvantaxe con respecto ó castelán ( pensade nos xornais ou nas canles de televisión que hai en cada lingua). Desta maneira, nalgunha das primeiras novelas escritas en galego os membros da clase urbana falaban castelán e os do rural galego. Hoxe na literatura galega figuras como Suso de Toro ou Manuel Rivas teñen que inventar unha Galiza onde todo o mundo fala galego con normalidade.
Por outra banda, debido á situación da nosa lingua a literatura convértese nun medio de resistencia que usamos os galegos para salvar o noso idioma e mesmo para non desaparecer como pobo. |
|
Xéneros e Figuras literariasOs xéneros literariosO conxunto de obras que comparten con outras unhas características formais e temáticas forman un xénero literario. Os tres grandes xéneros son a poesía ou lírica, a narrativa e o teatro.
A poesía: é un xénero escrito normalmente en verso e que ten ritmo. A poesía pode expresar a visión persoal do mundo do poeta, aínda que na poesía popular adóitanse amosar os valores dunha comunidade. Na poesía existe unha grande variedade de formas como:
A narrativa: son o conxunto de obras onde o autor narra uns feitos reais ou inventados e faino en prosa. A narrativa de ficción divídese en novela e conto.
O teatroSon o conxunto de obras pensadas para seren representadas diante do espectador. Os personaxes falan, e mediante os seu diálogos nós coñecemos a historia. Os diálogos do teatro poden estar escritos en verso ou prosa. Houbo momento nos que predominou o verso pero hoxe faino a prosa. As formais teatrais principais son:
Probablemente a obra de teatro máis coñecida da nosa literatura sexa Os vellos non deben de namorarse, de Castelao.
As figuras literarias e os recursos estilísticos
Na literatura adóitanse usar determinados recursos. A función que teñen é darlle orixinalidade e expresividade ao que nos di o autor. Os recursos e figuras son os medios que ten un escritor para construír a linguaxe literaria.
Aliteración: consiste en repetir un son nun grupo de palabras para que provoquen un efecto no lector.
Que ben , que bomba vén co seu rebumbio A bomba, Bong!, a bomba, bom amigo! Celso Emilio Ferreiro
Antítese: Contrapóñense dúas realidades para que dese xeito resalten máis.
Se cantan es ti que cantas, se choran es ti que choras e es o murmurio do río e es a noite e es a aurora. Rosalía de Castro
http://www.rosaliadecastro.org/
Asíndeto: Suprímense as conxuncións co que o enunciado cobra rapidez e viveza.
Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento... Manuel María
Epíteto: adxectivo que dá unha calidade que xa se sobreentende nun substantivo. Polos montes baixan e rubensombras longas resgadas e negras... Uxío Novoneyra
Hipérbato: é alteración da orde sintáctica das palabras.
que o que é polo de hoxe que darvos non teño Curros Enríquez
Ironía: Figura que depende moito do contexto e do ton e que consiste en dar a entender o contrario do que se di .
os mortos que vos matades gozan de boa saúde Celso Emilio Ferreiro
Metáfora: Consiste en nomear un ser, un obxecto ou unha calidade co nome doutro co que o autor o identifica.
Ouh Galicia, Galicia, boi de palla Canta lástima ten de ti o Gaiteiro!O aguillón que che meten é de aceiro E con el moita forza te asoballa. X. M. Pintos
Onomatopea: Consiste en imitar sons e ruídos reais.
Gli, gli,gli, gli, gli, gliCanta aquí, canta aló, canta acolá. Onde diaño canta o grilo? Onde o grilo cantará? Roberto Blanco Torres
Polisíndeto Repítense as conxuncións cos que se consegue enlentecer o ritmo do enunciado
Denodados e fortes foran nosos avós, e varudos e intrépidos e de nobre tenzón. E. Pondal
Prosopopea: consiste en atribuírlle a seres inanimados ou abstractos calidades propias de seres animados.
Gota de orballo tremelucindo, tes o sol rindo dentro de ti. Noriega Varela
Símbolo:Cando unha palabra á parte do seu significado habitual pode evocarnos outra cousa.
Unha vez tiven un cravocravado no corazón e non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Rosalía de Castro
Símil: Establécese unha comparación entre seres, obxectos ou calidades, ben por semellanza ou ben por diferenza.
Ceo e terra están espidos como outrora Adán e Eva Amado Carballo
Máis información en
http://gl.wikipedia.org/wiki/X%C3%A9neros_e_formas_literarias |