Skip to Content

INFORMACIÓN CORONAVIRUS COVID-19

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (CORID-19) que resulta de interese para os centros educativos

A continuación transcríbese a información enviada por dita dirección xeral:

 

CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN

 

En relación coa epidemia de coronavirus no norte de Italia (neste momento nas rexións do Piamonte, Lombardía, Veneto e Emilia-Romagna) e, despois de ter coñecemento de viaxes do alumnado de determinados colexios e institutos, tanto públicos coma privados; ou de intercambios de alumnado con este país, pregámosche difundas esta información a todos os centros públicos é privados de Galicia, para que lla acheguen ao alumnado e profesorado que participou ou vai participar neste tipo de viaxe ou intercambio.

As viaxes e intercambios coas rexións afectadas deberían evitarse agás que sexa estritamente necesario facelo.

Toda persoa que viaxe a Italia, ou acabe de chegar de alí, deberá seguir as recomendacións que vos xuntamos de Sanidade Exterior e do Centro de Coordinación de alertas e Emerxencias do Ministerio de Sanidade para que difundades tamén, aínda que no momento actual só se refire aos que veñen de China ou viaxan alí, son igualmente válidas para Italia.

Ademais, xuntamos as ligazóns para información sobre o coronavirus, tanto da páxina de Saúde Pública coma do Ministerio de Sanidade

 

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Novo-coronavirus-2019-nCoV

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm

En atención ao anterior, o Ministerio de Sanidade recomenda non viaxar a zonas afectadas, que poden variar co transcurso do tempo, polo que convén informarse dos territorios na páxina web do ministerio.

En relación coas persoas, alumnado e profesorado que retornen de zonas afectadas, a súa actividade será a normal, pero deben mostrar atención a aparición de calquera sintomatoloxía e nese caso poñerse en contacto co 061 ou co 112.

 

Prégase que os centros que teñan previsto viaxar a zonas de risco ou que teñan recibido alumnado e profesorado das zonas de alerta epidemiolóxica sigan atentamente as instrucións das autoridades sanitarias. A información está dispoñible nas páxinas do Sergas e do Ministerio de Sanidade e actualízase con frecuencia.

Para consultas puntuais ou intervención sanitaria 061 ten establecido un número de teléfono de atención.

Atentamente,

O secretario xeral técnico

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Persoas beneficiarias e requisitos 1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia. b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Información en : http://www.edu.xunta.es/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es

Atención telefónica:881997426-881997424-881997497

 

XOGANDO CON SCRATCH

Los alumnos/as de 4º de primaria empiezan a realizar sus primeros proyectos de iniciación a la robótica con Scratch con la profe Ana. Aquí podéis ver sus primeros juegos de persecución entre varios objetos.Están aprendiendo el código por lo que seguramente hay que hacer algunos ajustes en los códigos.
Pinchar en la imagen para jugar con ellos.

CADRO PRAZAS DISPOÑIBLES PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

ENTROIDO

Unha vez máis celebramos o entroido no cole. Este ano fomos de Superhéroes e SuperHeroínas. Queremos agradecer a tódalas familias a súa participación no desfile e no entroido.

Ao mesmo tempo recordarvos que as clases comezan o xoves 27.

Bo entroido.

RADIO INFANTIL-PRIMARIA

Dende a Biblioteca de Infantil e Primaria arranca unha nova etapa coa creación da radio escolar. Xa teñen logo, nome e un blog onde compartir os podcast (audios) co mundo.

Aquí tendes a presentación oficial da radio.

 

INICIATIVA ARCO

Proximamente comenzarán a funcionar as 3 liñas da Iniciativa Arco concedidas para este centro.

Este programa está financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e polo Fondo Social Europeo.

MENÚ MENSUAL COMEDOR FEBREIRO 2020

COMUNICADO GRIPE A

Estimadas familias:

Detectáronse no CPI varios casos de alumnado con gripe A. Postos en contacto co servizo de pediatría do Centro de Saúde da Cañiza, trasladannos a total normalidade da situación que ocorre todos os anos por estas datas. Os casos poden provocar vómitos, dor de cabeza, dor de garganta, etc, que se resolven con antitérmicos, hidratación e repouso na casa si hai febre.

Atentamente,

A dirección.

AVISO URXENTE

 

 

Ante un posible brote de piollos, recomendamos tomen as medidas oportunas.

Grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut