AEV (aportación económica voluntaria)
No CPI da Cañiza, a AEV (Aportación Económica Voluntaria) é unha cota totalmente voluntaria por parte das familias, aprobada polo Consello Escolar e pola Inspección Educativa e supervisada por unha Comisión Económica, da que forman parte pais, alumnos e profesores.
Esta cota complementa os ingresos da Consellería de Educación para o servizo do comedor e utilízase fundamentalmente para:
- Mellora do menú.
- Melloras na cociña e no comedor: fontanería, electricidade, carpintería, pintura, etc.
- Adquisición e reparación de electrodomésticos: forno, frigoríficos, etc.
- Reposición e compra de menaxe: potas, pratos, cubertería, etc.
- Compra de productos de limpeza e droguería.
Neste curso os ingresos para o comedor reducíronse nunha porcentaxe bastante importante, uns 20.000 € menos no primeiro trimestre, polo que é fundamental que as familias que poidan fagan esta achega.
A AEV realízase en dúas aportacións anuais e, en función do número de irmáns, cada unha é de:
1 alumno……………………15 €
2 alumnos………………….25 €
3 ou máis alumnos…….30 €
En definitiva, grazas a esta cota, que, repito, é totalmente voluntaria, o servizo de comedor do CPI da Cañiza, onde comen uns 600 alumnos, tanto os que pagan como os que non, vese mellorado no seu funcionamento e redunda na calidade tanto das instalacións, como da cociña (tren de lavado, forno, mesas quentes, etc.), como na calidade dos propios productos alimenticios; en definitiva, no beneficio dos seus fillos.
A DIRECCIÓN
AVISO: Modificación da xornada escolar en Secundaria 19/12/2014
Enviado por Anónimo o Mér, 17/12/2014 - 06:17Co gallo da celebración do Nadal, este venres 19 de decembro, o alumnado de Secundaria marchará no transporte escolar ás 14:30 (45 minutos antes do habitual) e o alumnado que non faga uso do comedor escolar sairá ás 13:50.
Dita modificación foi aprobada polo Consello Escolar.
XA ESTÁN NO CPI OS TÍTULOS DE ESO DO ANO 2011-2012
Enviado por Anónimo o Xov, 13/11/2014 - 08:35RECOLLIDA DE VALES DE LIBROS DA ESO PARA OS QUE APROBARON EN XUÑO ATA O 28 DE XULLO
Enviado por Anónimo o Lun, 21/07/2014 - 04:46XA SE PODEN RECOLLER OS VALES DE LIBROS DA ESO PARA OS QUE APROBARON EN XUÑO
XA ESTÁN DISPOÑIBLES OS RECIBOS DE COMEDOR DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Ven, 11/07/2014 - 07:04SE PODEN RECOLLER NA SECRETARÍA DO CENTRO ATA O DIA 28 DE XULLO.
RECOLLIDA DOS CHEQUES DE LIBROS DE PRIMARIA A PARTIR DO LUNS 14 DE XULLO
Enviado por Anónimo o Xov, 10/07/2014 - 07:23A PARTIR DO LUNS 14, PÓDENSE VIR A RECOLLER OS CHEQUES DOS LIBROS DE PRIMARIA AO CENTRO.
RECÓRDASE QUE DEBE RECOLLELO O SOLICITANTE PERSOALMENTE CO SEU DNI.
RESEÑA NA REVISTA EDUGA
Na revista Galega de Ensino, Eduga, recollen un artígo referente o traballo desenvolvido o ano pasado de forma colaborativa entre algúns profesores de primaria e secundaria, sobre a arte relixiosa no pobo.
Aquí tedes o enlace para consultar.
A CAÑIZA ARTÍSTICA
http://www.edu.xunta.es/eduga/598/proxeccions/caniza-artistica
NOVAS SOBRE O CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
Enviado por Anónimo o Mér, 02/07/2014 - 07:04O CURSO ESCOLAR COMEZA O 10 DE SETEMBRO DE 2014 PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA, E O 15 DE SETEMBRO DE 2014 PARA A ESO.
AS CLASES REMATARÁN O 19 DE XUÑO DE 2015.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »
