O noso equipo de Mediador@s estase a presentar aos seus compañeiros e compañeiras para que os coñezan e poidan recurrir a eles e elas para unha resolución pacífica dos conflitos entre iguais.
Xa no primeiro trimestre recibiron a formación específica que os acredita como mediadores e mediadoras e agora reciben o seu distintivo e unha sudadeira que os identifica.
Grazas rapazada pola vosa implicación!
NOVO EQUIPO DE MEDIACIÓN
O pasado 19 de novembro remataron a formación os novos membros do equipo de mediación do C.P.I. de Cova Terreña.
Onte, o novo Equipo de mediación do centro formado por 7 mediadores e mediadoras de Ed. Primaria e 8 mediadores e mediadoras de E.S.O. recibiron as camisetas e as chapas co logo de Mediación do centro nun acto ao que asistiu o Concelleiro de Educación de Baiona, D. Oscar Carreño que lles dirixiu unhas verbas.
Nuns días, este novo equipo de mediación pasará a presentarse e a deixar a orla polas aulas para que todo o alumnado do centro coñeza aos novos especialistas en Resolución pacífica de conflitos.
Esperamos que esta medida, en vigor dende o ano 2011, axude a mellorar a Convivencia no centro.
Parabéns a todos e a todas!!!
O alumnado de 2ºESO que cursa a materia optativa de Programación participa no Plan Proxecta Aprendemos programando!!, dentro do cal realizaron distintas historias de situación sobre o acoso escolar que buscan concienciar sobre o mesmo, as súas diversas formas de manifestación e como actuar.
Podedes traballar con elas nas seguintes ligazóns:
Carmen María Poza: https://scratch.mit.edu/projects/285049202/
Hugo Cabral e Adam Silva: https://scratch.mit.edu/projects/286791425/
Carmen Bouzas e Xela Mariño: https://scratch.mit.edu/projects/297932325/
Sara Besada e Cloe Vizoso: https://scratch.mit.edu/projects/299985259/
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer