Matemáticas

As propiedades da materia

Sabedes cantas cousas podemos aprender observando os obxectos máis simples?

En 5ºB estivemos analizando as propiedades xerais da materia: a masa e o volume. Fixémolo pesando e medindo o volume de obxectos variados, coa axuda dunha báscula electrónica e uns recipientes graduados.

Xogos con Scratch

Despois de catro sesións na aula de informática, os alumnos de 1º ESO remataron o seu primeiro proxecto Scratch.

Todos intentaron programar unha versión do xogo clásico Pong. O traballo foi moi guiado, pois era a súa primeira experiencia programando. Aínda así, moitos deles engadiron modificacións e melloras ao proposto inicialmente.

Como mostra do traballo feito polos alumnos, deixamos aquí (hai que premer na imaxe e despois en "entrar como convidado") o a versión feita por Marc Carnota, de 1º ESO A.

Marc Pong

Taller de Matemáticas

Traballando os  poligonos e as súas propiedades cos pentominós.

XIROS, TRASLACIÓNS E SIMETRÍAS

Os rapaces de 6ºB fixemos un taller de matemáticas para traballar xiros, traslacións e simetrías. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra, esperamos que vos guste e vos animedes a facelo vós na casa, é moi sinxelo.

 

SUPERFICIES NOS DEPORTES

Hoxe, cinta métrica en man, dispuxémonos a medir algúns dos campos deportivos dos que dispoñemos no ximnasio; baloncesto, volei, badminton … Moita foi a coordinación que precisamos para medir largos e anchos dos distintos campos debuxados no ximnasio por non falar das áreas de tiro de baloncesto, miña nai que traballiños pasamos!

 

Iniciación á programación

Os alumnos e alumnas de 1º ESO están a ter o seu primeiro contacto coa programación a través de Scratch. Trátase dunha linguaxe de programación moi visual que permite arrastrar o código no lugar de ter que escribilo, o que fai moito máis atractivo o seu uso. Os rapaces e rapazas de de 1º ESO levan catro semanas programando unha pequena versión do xogo Pong. Nas próximas semanas subiremos a esta mesma páxina o xogo feito por algúns deles.

Fai clic en calquera das imaxes para ir á galería.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión