Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.
Data límite para entrega de solicitudes: 21 de xuño de 2024.
O procedemento está rexido pola Orde do 7 de maio (DOG 20 de maio de 2024)
Formas de presentación de solicitudes:
- Sede electrónica: necesitará ter conta Chave365 ou cetificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación, imprimindo os Anexos I e II e presenteos no centro.
- Presentación no centro educativo.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Copia do libro de familia ou documentación equivalente , onde figuren a/o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
Horario de atención: 9:00h a 14:00h.