Axudas de material e fondo libros
O mércores 10 de xullo, de 09:00 a 13:00 se entregarán os cheques para mercar material a quen lle corresponda e non teña que presentarse aos exames de setembro.
Para o alumnado de 1º e 2º de EP, se lle corresponde, se entregarán tamén os cheques para mercar os libros.
Aviso importante para 5º Primaria e 1º da ESO. Curso 19/20
O noso centro resultou seleccionado, con carácter provisional, para participar no proxecto de educación dixital E-dixgal no vindeiro curso.
Seremos parte dos máis de 280.000 alumnos galegos que terán acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional.
A incorporación neste proxecto será progresiva, e no curso 2019/20 comezará en 5º de Primaria e en 1º da ESO.
Con tal motivo recomendamos que
non se merquen nin libros nin cadernos para 5º de EP e 1º da ESO.
Cando a resolución sexa definitiva, enviaremos instruccións específicas para eses dous cursos.
O proxecto E-DIXGAL arrancou no curso 2014/2015.
Docentes e alumnos dos centros implicados desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para os cursos nos que se implante.
Os docentes poderán elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén á súa disposición o espazoAbalar con máis de 2.106 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
O alumnado e o profesorado terá á súa disposición un ordenador portátil, e ten a posibilidade de utilizalo tamén na súa casa, para o que se establecerá o servizo de préstamo do mesmo.
Fin de curso 2018/19
O venres 21 de xuño temos xornada reducida, de 10:00 a 12:00.
O transporte escolar adaptará o seu horario.
O profesorado permanecerá no centro co seu horario habitual, por se algunha familia quere enviar aos seus fillos/as.
Entrega de notas da ESO o luns 24 de xuño ás 13:30.
O martes 25 e o mércores 26 de xuño o profesorado da ESO estará a disposición das familias para calquer consulta ou reclamación, de 10:00 a 12:00.
Concesión do servizo da cafetaría escolar durante o curso 2019/20
No Diario Oficial de Galicia do 13/06/2019 publícase a RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se anuncia a contratación en 10 lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da concesión de servizos de 10 cafetarías escolares durante o curso 2019/20.
Entre estas cafeterías que se licitan está a do noso centro. Quen esté interesado ten toda a información no enderezo:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=529302
Encontrará toda a documentación relacionada con este procedemento: pregos, anexos, prazo e lugar de presentación de ofertas, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »