FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Premendo aquí se accede á descarga do listado de adxudicación do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2018/19 na ESO.
O luns se entregarán ao alumnado os libros adxudicados, pero debido a que non hai existencias suficientes, algúns alumnos non recibirán todos os que lles corresponden. Tan pronto como sexa posible completaremos a entrega dos libros.
Lembramos que cada libro entregarase o próximo curso a outro alumno, polo que pregamos que se coiden e se forren
Inicio de curso 18/19
Xa está todo disposto para o comezo do novo curso escolar, 2018/2019.
A matrícula na ESO farase o luns 10 de setembro.
As datas de comezo das clases, marcadas no calendario oficial son
Educación Infantil 4 e 5 anos, Educación Primaria: mércores 12 de setembro ás 8:45.
Educación Secundaria Obrigatoria: luns 17 de setembro ás 8:45.
Educación Infantil 3 anos: a titora convocará ás familias a unha reunión a primeira semana de setembro.
Dende o 12 de setembro para infantil e primaria, e dende o 17 para a ESO, funcionará o servizo de comedor escolar e o de madugadores.
Información sobre o servizo de madrugadores e de comedor do CPI A Xunqueira.
Admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
Comunícase que está admitido todo o alumnado que presentou a solicitude no centro.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2018
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web
PIALE en Canadá
A profesora de inglés de Secundaria do CPI A Xunqueira participou este outono no programa de inmersión en inglés (Piale) en Ottawa , Canadá, visitando un instituto de secundaria.
Se tes interese en coñecer como funciona un instituto canadense, convidámoste a que vexas esta presentación!
Enjoy a lot!!!
A orixe de Halloween
Este vídeo o fixeron dous alumnos de 2º B (Sergio García Novo e Raúl Payo Rocamonde) na materia de Programación, co software de Scratch.
Nel contan a orixe de Halloween.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »