Solicitudes de admisión

Admisión de alumnado para o curso 2023/2024

Todo o alumnado que presentou unha solicitude de admisión neste

centro para o curso 22/23 está

 

ADMITIDO

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de admisión para alumnado de nova incorporación ou cambio de centro

 Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación: 

  • Solicitar o impreso na Secretaría do centro, cubrilo e presentalo de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

Nos dous últimos casos debe acceder á aplicación informática admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”, deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios.  Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  que  imparten  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria,  de  educación  secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos incluídos

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, debe realizarse no centro no que se solicita a praza ou na aplicación admisionalumnado.

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

Comunícase que está admitido todo o alumnado que presentou a solicitude no centro.

Admisión de alumnado no CPI A Xunqueira

Aviso para os/as alumnos e alumnas que presentaron reserva de praza e solicitude de admisión neste centro

todas as solicitudes foron admitidas

Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

  


  • Normativa: nos seguintes enlaces

   DECRETO 254/2012, do 13 de decembro

ORDE do 12 de marzo de 2013   

Descargar o arquivo en pdf Descargar o arquivo en pdf

 

  • Servicios complementarios: 5 liñas de transporte escolar
  • Prazo presentación solicitudes admisión:    5 ao 17 de abril
  • Publicación listas provisionais admitidos: 9 de maio
  • Centros Adscritos: CEIP CENTIEIRAS

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito neste centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. (Art. 11.2 da Orde  do 12 de marzo de 2013). A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva (sen presentar renuncia) terá a consideración prevista no art. 34 1.b) da cita orde para os efectos de perda da prioridade.


 

 

 

  • Impreso de solicitude:

 

 

 

Para a solicitude de admisión únicamente se presentarán cubertas as páxinas 1 e 2

 

 

IMPORTANTE

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta  solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (cunha copia da solicitude de admisión) e presentar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.

Distribuir contido