Atletismo divertido

Os cursos de Primaria do noso cole participarán nas xornadas deportivas organizadas polo Concello de Fene e dentro do programa da Xunta de Galicia “XOGADE: xogando co atletismo”, que se levarán a cabo nas pistas de atletismo do Pazo (Barallobre-Fene). Se as condicións climáticas non son favorables, trasladaríase esta actividade ao pavillón do CEIP O Ramo (Barallobre-Fene). Se este fora o caso se vos avisaría por Abalar.

Nesta actividade participará o alumnado de primaria, dentro do horario lectivo do centro, e acudindo o día que lle corresponde a cada ciclo:

- Martes 18 de abril: 1º e 2º de Primaria.

- Mércores 19 de abril: 3º e 4º de Primaria.

- Xoves 20 de abril: 5º e 6º de Primaria

A hora de saída do centro é as 09:30 e a de regreso ás 13:30.

O gasto de transporte está subvencionado polo que esta actividade é gratuíta.

Ese día deberán traer roupa e calzado deportivo, así como unha mochila pequena cunha botella de auga e merenda, aínda que dende a organización tamén se lles aportará unha botella de auga e unha peza de froita.

 

Esta actividade está cuberta polo seguro deportivo do programa Xogade.

Pasos a seguir no caso de accidente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Admisión curso 23/24

 

O prazo de presentación de solicitudes comprende entre o día 1 eo 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

Preme aquí para acceder á información

Para calquer aclaración, dirixirse á secretaría do centro ou chamar ao 881930110.

 

Proxecto Educativo do centro

Actualización do proxecto educativo do centro para o período 22/26.

Aprobado en claustro e consello escolar, na súa reunión do 26/01/23.

Plan dixital para o curso 22/23

Achegamos a ligazón para o noso plan dixital.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido