A ciencia contada, a ciencia debuxada

O Concello de Fene convocou o concurso de microrrelatos e debuxo "A ciencia contada, a ciencia debuxada", na que participaron alumnos e alumnas dos centros educativos do concello. Dos cinco premios outorgados, catro foron para alumnos do noso centro. Os premiados recibiron o seu diploma o luns 15 de decembro nun acto que deu comezo ás 12 horas no salón de actos de plenos da casa consistorial, e no que o rexedor agradeceu a participación e implicación dos centros educativos no certame, incluído no programa «Fene, coa ciencia en galego».

Os traballos premiados, entre o preto de medio centenar presentados, foron:

Relatos categoría ESO

1º premio: «A rebelión dous robots», de Tatiana Luaces Fraga, de 3º da ESO do CPI A Xunqueira

2º premio: «Baixo a sombra do pasado», de Mariña Veiga Paz, tamén de 3º de ESO do CPI A Xunqueira

Debuxo categoría Educación infantil

1º premio: «Vos nos vos favoritos», da aula de Infantil de 3 anos do CPI A Xunqueira

Debuxo categoría Educación Primaria

1º premio: «Invisibles», da aula de 6º de Primaria do CEIP Os Casais

2º premio: «Ciencia e vida é a mellor compañía», de David Parga Torrente, de 5º de Primaria do CPI A Xunqueira

Gala Fenés do ano 2014

O pasado venres 3 de outubro celebrouse no CMI de Fene a gala de entrega do premio de Fenés do Ano a Ramón Loureiro. O noso colexio participou, representado polos nosos alumnos de 2º da ESO Lucía Ferreiro e Daniel Lago, que fixeron a presentación do homenaxeado e leron diversos fragmentos das súas obras.

Axudas para libros de texto de Ed. Primaria e ESO

É IMPORTANTE LER TODO ESTE RESUMO DA CONVOCATORIA ELABORADO POLO CENTRO E A ORDE DA CONVOCATORIA. SON AS FAMILIAS AS QUE TEÑEN QUE COMPROBAR SE TEÑEN OU NON DEREITO A SOLICITAR A AXUDA, POIS O CENTRO ENTREGARÁ OS VALES A TODAS AS FAMILIAS QUE PRESENTEN A SOLICITUDE CORRECTAMENTE.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a compra de libros de texto para o curso 2014/2015, dirixidas ao alumnado de todos os cursos de Educación Primaria, ESO e educación especial (DOG Nº 102 de 31/05/2014).

A información aos alumnos/as de ESO seralles entregada no momento de formalizar a matrícula.

Os alumnos/as  que repitan curso (4º e 6º Ed. Primaria ou calquera curso de ESO) non poderán solicitar esta axuda, os que repitan 2º de Educación Primaria si a poden solicitar por empregar materiais que non poden ser reutilizados.

Novidades nesta convocatoria:
-A axuda é só para a adquisición de libros de texto non inclue o material escolar.
- É obrigatorio conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe destas axudas e devolvelos ao rematar o curso 2014/2015 (xuño ou setembro), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (Artigo 14. d)

O solicitante é o pai/nai ou titor-a legal do alumno/a (non o propio alumno/a)

  Renda per cápita Contía axuda
Ed. Primaria       ESO     
Familias monoparentais Ata 6.000.-€ 170.-€ 180.-€
  De 6.000,01 ata 9.000.-€ 90.-€ 104.-€
Resto familias Ata 5.400.-€ 170.-€ 180.-€
  De 5.400,01 ata 9.000.-€ 90.-€ 104.-€
Alumnado con minusvalía ≥ 65% Sen ter en conta datos económicos 250.-€

Determinación da unidade familiar: a 31/12/2012           (Artigo 7 da Orde da convocatoria)

- Os pais (non separados legalmente) ou titor-a
Fillos - Menores de idade non emancipados
- Fillos maiores de idade con discapacidade
- Solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar

Computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%  a 31/12/2012
Non computarán os fillos/as nados despois do 31/12/2012

Cando a situación familiar sexa distinta das anteriores (ver o citado artigo 7)

Cálculo da renda per cápita: (Art. 6)

    Casillas 455 + 465 da renda do ano 2012
    A cantidade resultante dividirase polo nº de membros computables da unidade familiar

 

Só deberán solicitar estas axudas as familias que cumpran as condicións económicas, pois coa sinatura da solicitude declaran baixo xuramento que reúnen o requisito de ingresos da unidade familiar que fan constar nesta, e quedan sometidos ao réxime de infraccións e sancións a que se refire a disposición adicional terceira da orde da convocatoria.

A presentación da solicitude comportará a autorización á Consellería de Cultura, Educación e O.U. para comprobar os datos persoais e económicos nos organismos correspondentes.

Documentación a presentar:

 - Anexo I cumplimentado.
- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.
- En caso de ter algunha circunstancia especial deberá xustificarse documentalmente (minusvalía, separación ou divorcio, defunción dalgún dos proxenitores, violencia de xénero,etc..). Estas situacións terán que producirse antes do 31/12/2012.
En caso de separación ou divorcio (antes 31/12/2012): setenza xudicial e convenio regulador.

Deberá presentarse orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. Artigo 4.2

Lugar de presentación:

- Secretaría do CPI A Xunqueira (centro onde cursarán estudos no curso 2014/2015)

É convinte que sexa presentada por unha persoa adulta por se a solicitude non estivera correcta e fose necesario que fagan algunha corrección ou a documentación estivese incompleta.

Prazo:(Alumnos matrículados en Ed. Primaria)

- Ata o día 2 de xullo de 2014


Deberá presentarse unha solicitude por cada fillo/a.


VALES DE COMPRA (Alumnos matrículados en Ed. Primaria)

O centro tramitará as solicitudes e posteriormente entregará ás familias o vale de compra, co que poderán adquirir os libros na libraría que elixan e polo importe máximo que figura no documento. 



Os vales entregaranse o mércores día 9 de xullo
 

Cada solicitude deberá vir correctamente cumprimentada e acompañada das fotocopias da documentación que deban presentar.

 

A CONVOCATORIA DESTA AXUDA ESTÁ PUBLICADA NA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA:

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

 

Descarga o impreso de solicitude

Descarga a orde da convocatoria

Mar e Ferro

No noso barrio fenés de San Valentín convérteuse na xornada do sábado 15 de marzo nun referente de denuncia da situación do naval na comarca. Fíxoo a través da pintura coa iniciativa “Mar e ferro” organizada polo Centro de Promoción Social (CPS) e Radio Fene no seu 30º aniversario.

Ao abeiro desta iniciativa levouse a cabo o certame de debuxo escolar “Mar e ferro”, que gañaron Aitor Carbón Meizoso, da escola de Sillobre, e Sara Díaz Otero, do noso colexio. Os diplomas conmemorativos entregáronse ás 13.30 horas na carpa instalada no barrio. Ademais, durante a xornada, rapaces e rapazas dos dous colexios procederon ao pintado de dous murais cos deseños gañadores do concurso. A profesora Lucía Sesto acompañou aos nosos rapaces nesta actividade.

A noticia está publicada no Diario de Ferrol, tanto na sua edición en papel como dixital.

 

¡Noraboa aos gañadores!

Concurso de tarxetas de Nadal 2013

Xa temos gañadores do concurso de tarxetas de Nadal deste ano.

Noraboa aos gañadores!!!!

DAVID PARGA TORRENTE

4º PRIMARIA

SABELA REY VILAR

3º ESO


Regulamento de Organización e Funcionamento

Premendo neste enlace podedes descargar ou consultar o ROF do centro

Contidos mínimos para Educación Secundaria Obrigatoria. Curso 2013-2014

       
Ciencias Naturais Ciencias Sociais Cultura Clásica Ed. Cidadanía

 
   
 
Educación Física  Ética Física e Química  Francés
       
 Informática  Inglés  I.Electricidade E.  Latín
       
 Lingua  Castelá  Lingua  Galega  Matemáticas  Música
       
 O.I. E.  Plástica  Relixión Católica Tecnoloxía
Ámbito Científico  Ámbito Lingüístico 
Distribuir contido