O pasado 17 de Febreiro celebrouse no Auditorio de Ferrol, a fase galega da First Lego League, concurso de robótica, ciencia e valores de equipo.
O CPI de Atios estivo representado por dous equipos; o equipo FrouxiMakers Junior que representaba as aulas de 4º de Educación Primaria. E o equipo FrouxiMakers formado por alumnos de 1º,2º,3º e 4º da ESO.
Foi unha mañá intensa en emocións e nervios pero tamén de experiencias. Pola tarde todo o alumnado e as familias que o desexaron, puideron visitar diferentes laboratorios da Universidade no Campus de Esteiro en Ferrol.
Laura Adela Fernández Blanco e o noso Director Antonio Cebreiro recollen o Premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña nas modalidades de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
‘Diferentes na igualdade’ é o proxecto do centro valdoviñés que gañou o premio na categoría de Educación Primaria. O xurado destacou a incorporación das novas tecnoloxías para contribuír á igualdade nun traballo que se inclúe no proxecto europeo Erasmus Plus que ten como obxectivo potenciar as competencias científicas e tecnolóxicas do alumnado, con especial atención á diversidade.
«O concurso forma parte do traballo da área de Igualdade para educar en igualdade a través de iniciativas destinadas ás novas xeracións, de maneira especial a mozas e mozos con fin de construír un futuro en igualdade, sen discriminación nin violencia machista», sinala Ánxela Franco que destaca o traballo nos centros por parte de toda a comunidade educativa e a repercusión da súa aplicación nos propios ámbitos de ensino.
O pasado 21 de Decembro de 2017 publicouse a resolución definitiva de Centros docentes Públicos para participar no Programa de Innovación Educativa "Club de Ciencia" para o curso 2017/18, onde o CPI de Atios é un dos 30 centros seleccionados de todo Galicia.
Dirixido ao alumnado de 4º, 6º de Primaria e 1º da ESO.
Os vindeiros días 22,23 e 24 de novembro, 4 alumnoas/os do CPI de Atios; Sara Santiago, Alba Méndez, Iago Barros e Raúl Caneiro, participarán en Galiciencia 2017 ex
poñendo dous proxectos.
Galiciencia é a maior feira de ciencia escolar de Galicia, celébrase na Tecnópole- Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, Ourense.
O pasado xoves 26 de outubro tivo lugar o recitado de poesía Carbalho Calero no Centro Cultural da cidade de Ferrol.
O noso centro participou co alumnado de 4ºA de Educación Primaria, recitando o poema da canción de Paco Nogueiras MEU O MUNDO É!
Dende o E.D.L.G. queremos felicitar ás nenas e nenos que tanto empeño puxeron en facelo tan ben e darlles as grazas pola súa colaboración, grazas que facemos extensibeis ás profesoras que ensaiaron con el@s, Gema e Inmaculada.
Ésta e outras actividades en galego fan posible que se manteña presente a nosa lingua na vida da casa e da escola.