Skip to Content

Exposición de ilustracións do alumno Álex Bellón

O alumno de 4º da ESO, Álex Bellón, comprácese en convidarvos a que visitedes a súa exposición sobre dinosauros, que estará nos corredores do centro ata final de curso. Velaquí un vídeo cos seus xeniais deseños:

 

Para o alumnado. Dá a túa opinión sobre as xornadas culturais 2016.

Interésanos saber cal é a túa opinión sobre as primeiras xornadas culturais, polo que contesta sinceramente as preguntas da seguinte enquisa para poder mellorar na organización das vindeiras xornadas.

Acceso á enquisa

 

 

Proxecto Documental Integrado - Recursos e actividades para o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Desde o Equipo de Biblioteca e o EDLG propoñémosvos novas actividades dentro do Proxecto Documental Integrado, desta vez para conmemorar o Día internacional para a violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro. Trátase de traballar o tema  nas titorías a partir dos recursos que vos proporcionamos e mais da realización dun lipdub que gravaremos o día 23 de novembro e que logo distribuiremos a partir das canles habituais.

Lembrade que desde hoxe mesmo tedes na Biblioteca unha exposición sobre o tema, que inclúe a meirande parte dos libros que atoparedes na listaxe do documento que entregamos ás persoas titoras, que tamén podedes consultar a continuación:

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar

eduCABANA

 

by Dr. Radut