Skip to Content

Ampliación en 25 € da axuda para adquirir material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ampliou en 25 € a axuda para adquirir material escolar para este curso 2022/2023. Esta ampliación regúlase na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar (DOG núm. 196 do 14.10.2022).

As familias que foron beneficiarias do cheque de material de 50 € para este curso 2022/2023 poden recoller na secretaría do centro o cheque de 25 € a partir do vindeiro martes 18/10/2022. As familias non teñen que realizar máis trámites que recoller o cheque e entregalo na librería da súa elección ao mercar material. Utilizarase preferentemente na librería antes do 01/12/2022.

 

Calendario escolar 2022/2023

No arquivo adxunto ponden consultar o calendario escolar deste centro para o curso 2022/2023.

AdxuntoTamaño
Calendario escolar 2022_2023 CPI As Revoltas.pdf67.79 KB

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Neste PDF veñen recollidas as directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

AdxuntoTamaño
directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf85.42 KB

BECAS DE ESTUDO

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BECAS DE ESTUDO PARA ALUMNADO QUE REMATA 4º DE ESO E QUERE FACER ESTUDOS DE BACHARELATO OU FORMACIÓN PROFESIONAL.

MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES NO SEGUINTE ENLACE: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

 

AdxuntoTamaño
becas.PNG141.25 KB

COMUNICACIÓN SOBRE O USO DE MÁSCARAS NO PATIO

Adxúntase comunicación das Consellerías de Sanidade e Educación pola que se deixa de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos.

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022 - 2023

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2022/2023 será do 01.03.2022 ata o 21.03.2022 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparte no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2021/2022 non terá que presentar a solicitude de admisión.

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado ou de forma presencial na secretaría do centro docente.

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e información sobre este procedemento.

AdxuntoTamaño
Nota informativa sobre a admisión de alumnado 2022-2023.docx_.pdf273.44 KB
SOLICITUDE ADMISIÓN ED550B - G.pdf1.31 MB
Cartel promoción cpi as revoltas.pdf486.59 KB

Publicación da listaxe definitiva do alumnado procedente de centros adscritos curso 2022-23

Dende hoxe pódese consultar no taboleiro de anuncios do centro e na aplicación admisión de alumnado a listaxe definitiva do alumnado procedente de centros adscritos admitidos para o curso 2022-23.

ASAMBLEA XERAL DA ANPA

Neste documento teñen a información sobre a reunión da Anpa, convocada para o día 8 de febreiro.

 

AdxuntoTamaño
Asamblea Xeral Anpa_03-feb.pdf49.58 KB

PAUTAS DE ACTUACIÓN COVID

Deixamos aquí a información de como actuar e como facer as probas, en relación ao Covid, en caso de que sexa necesario.

 

AdxuntoTamaño
PAUTAS DE ACTUACIÓN COVID.pdf589.96 KB
Distribuir contido


 

eduCABANA

by Dr. Radut