Skip to Content

Impresos de matrícula en ESO para o curso 2023/2024

Nos ficheiros adxuntos atópanse os impresos de matrícula de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO para o curso 2023/2024. O prazo de matrícula abrangue do 23.06.2023 ao 07.07.2023 (ambos incluídos). O alumnado que xa está matrículado no centro neste curso 2022/2023 só debe presentar:

- 1º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado.

- 2º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado.

- 3º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado, a fotocopia do DNI do alumno/a e o xustificante de pago do seguro escolar.

- 4º ESO: O impreso de matrícula cuberto e asinado e o xustificante de pago do seguro escolar.

 

 

AdxuntoTamaño
Matrícula 1º ESO 2023_2024.pdf63.51 KB
Matrícula 2º ESO 2023_2024.pdf58.28 KB
Matrícula 3º ESO 2023_2024.pdf115.16 KB
Matrícula 4º ESO 2023_2024.pdf114.12 KB

Datas de publicación das listaxes do fondo de libros e de entrega de vales 2023/2024

No ficheiro adxunto pódense consultar as datas nas que se publicarán as listaxes do fondo de libros e nas que se entregarán os vales coas axudas de material e de libros para o curso 2023/2024.

AdxuntoTamaño
Datas de publicación das listaxes do fondo de libros e de entrega de vales 2023_2024.pdf126.43 KB

Axudas para alumnado con NEAE curso 23/24

O PRAZO para a solicitude vai dende o 8 de maio ó 20 de setembro de 2023

A solicitude débese facer a través da páxina web do Ministerio de educación, no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Aquí pódese consultar os tipos de axudas e o alumnado destinatario das mesmas:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html#que-personas 

No seguinte enlace pódense consultar os pasos a seguir para a solicitude:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

No ficheiro adxunto pódese consultar a convocatoria para o curso 23/24.

 

AdxuntoTamaño
Convocatoria-NEAE-curso-2023_2024.pdf331.35 KB

Fondo de libros e axudas para material e para libros 2023/2024

Nos ficheiros adxuntos pódese consultar a nota informativa sobre o fondo de libros, as axudas para a adquisición de material escolar e as axudas de libros para o curso 2023/2024 e o formulario de solicitude (anexo I e II).

AdxuntoTamaño
Nota sobre fondolibros_axudaslibros_axudasmaterial_2023_2024.pdf186.4 KB
Solicitude fondolibros axudas libros e material ED330B 2023_2024 anexo I e anexo II.pdf1.61 MB

Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2023/2024

Pódese consultar a listaxe definitiva do alumnado admitido neste centro para o curso 2023/2024 na aplicación admisionalumnado, identificándose previamente co certificado dixital ou a Chave365. Ademais, esta listaxe está dispoñible no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte da conserxería).

Listaxe provisional do alumnado admitido para o curso 2023/2024

Pódese consultar a listaxe provisional do alumnado admitido neste centro para o curso 2023/2024 na aplicación admisionalumnado, identificándose previamente co certificado dixital ou a Chave365. Ademais, esta listaxe está dispoñible no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (en fronte da conserxería).

Bolsas para cursar estudos postobrigatorios curso 23-24

O prazo para presentar a solicitude vai dende o 27 de marzo do 2023 ata o 17 de maio do 2023.

A solicitude poderase realizar a través da sede electrónica, no seguinte enlace:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1556

No seguinte enlace pódense consultar os pasos a seguir:

Cómo solicitarla - FP, Bachillerato y otros - Becas y ayudas para estudiantes | Ministerio de Educación y Formación Profesional (becaseducacion.gob.es)

Nos ficheiros adxuntos achégase a convocatoria para este curso e un resume da mesma.

AdxuntoTamaño
Bolsas estudios postobrigatorios 23_24.pdf64.35 KB
Convocatoria General 2023_2024 firmada.pdf586 KB

Admisión de alumnado para o curso 2023/2024

 

O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2023/2024 será do 01.03.2023 ata o 20.03.2023 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparte no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2022/2023 non terá que presentar a solicitude de admisión.

Estas solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial na secretaría do centro docente. Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deberase presentar a fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

Nos ficheiros adxuntos achégase o modelo de solicitude de admisión e unha nota informativa sobre este procedemento.

Para calquera dúbida sobre a admisión de alumnado ou para máis información poden consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

AdxuntoTamaño
Solicitude de admisión ordinaria ED550B-G.pdf1.38 MB
Nota informativa sobre a admisión de alumnado 2023-2024.pdf229.25 KB

Solicitude de reserva de praza para o curso 2023/2024

O prazo de solicitude de reserva de praza en centros adscritos está aberto dende o 16.01.2023 ata o 06.02.2023 (ambos incluídos).

Poderán solicitar a reserva de praza para este centro o alumnado do CRA Nosa Señora do Faro que vaia cursar 3º de educación primaria no vindeiro ano académico 2023/2024.

Asimesmo, o alumnado de 4º de ESO deste centro que vaia cursar 1º de bacharelato no IES Eduardo Pondal de Ponteceso ou no IES Maximino Romero de Lema de Baio no vindeiro ano académico 2023/2024, poderá solicitar a reserva de praza.

A devandita solicitude de reserva, que se achega no ficheiro adxunto, poderase presentar no centro no que o alumno está matriculado neste curso ou por internet na aplicación de admisionalumnado.

Posteriormente, do 01.03.2023 ao 20.03.2023 (ambos incluídos) estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2023/2024. Sobre esta admisión ampliarase a información máis adiante.

Para máis información pódese consultar na secretaría do centro chamando ao 881880283.

 

AdxuntoTamaño
Solicitude de reserva de praza ED550A-G.pdf1.23 MB
Distribuir contido


 

eduCABANA

by Dr. Radut