CONCURSO "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas organiza o Concurso "II SEMANA PROBLEMÁTICA" para todo o alumnado de ESO, dende o 28 de xaneiro ata o 1 de febreiro.

Como no pasado curso escolar o concurso consiste:

  • Resolver un problema matemático cada día, que aparecerán no taboeiro das aulas do alumnado a 1ª hora da mañá e deberán resolvelo na mesma mañá depositando o resultado na urna que estará na Entrada do centro.
  • Depositareis co resultado o Título do problema, o nome e apelidosm curso e grupo do alumno.
  • Só a resposta do problema dese día.
  • As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte.
  • Os premios : Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado á semana seguinte dsa finalización do concurso. Se hai más dun gañador sortearase o premio entre eles.

 

ANÍMATE E PARTICIPA

ACTIVIDADES DO NADAL

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, agradece a toda a comunidade educativa as mostras de solidariedade, xa que na 3ª edición da Operación kilo de Nadal 2012, recolléronse unha grande cantidade de alimentos para repartir en CÁRITAS de Ares e na COCIÑA ECONÓMICA de Ferrol.

 

  • O vindeiro XOVES 20 de decembro, levarase a cabo o segundo MARATÓN SOLIDARIO ás 11:00h da mañá do noso alumnado de ESO, formando parte da IX CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE que celébrase en miles de centros educativos de toda España en colaboración coa ONG "save The Children". Este ano tamén contaremos coa presenza de nosa Atleta Aresá: PAULA MAYOBRE.

A recadación será, nesta ocasión, para os nenos e nenas da rexión do Sahel (Cinturón de ata 1.000 km de ancho, atravesando África dende o Océano Atlántico ata o Mar Rojo).

A continuación no Pavillón levaranse a cabo as finais dos campionatos de fútbol sala.

  • O VENRES 21 de decembro, realizaranse os Festivais de Nadal:
  1. INFANTIL, ÁS 10:00H ATA AS 11:15H. Actuacións na sala de Usos Múltiples
  2. PRIMARIA, ÁS 11:30H. no comedor escolar.

 

A saída adiantarase ás 13:30h.

FELICES FESTAS E BÓ NADAL PARA TOD@S

FELICES FESTAS

Pro fin a 3ª parte do festival do Nadal , protagonizada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

2ª parte do Festival de Nadal en Primaria (3º e 4º E.P.).

 

1ª parte do Festival de Nadal en Primaria (1º e 2º E.P.).

 

A Comunidade educativa do CPI Conde de Fenosa, deséxavos: FELICES FESTAS e FELIZ ANO 2013

 

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

VENRES DE LOITA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Un grupo de profesores tomaron a iniciativa de manifestarse de loito todos os venres para reivindicar a súa DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

 

 

VENRES DE LOITA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

RENOVACIÓN PARCIAL DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR- CALENDARIO ELECTORAL

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
A xunta electoral reunida o 28 de novembro ás 15:45h, unha vez examinadas as actas das mesas electorais proclama os seguintes novos membros do Consello Escolar:

SECTOR DO ALUMNADO:  

  • MONTERO MARTÍNEZ JOSÉ MANUEL
  • FERNÁNDEZ DÍAZ ANTONIO

SECTOR DO PROFESORADO:

  • GUTIERREZ MAROTO JORGE
  • MORÓN RÍOS Mª BELÉN
  • SOTO CARBALLADA CARMEN
 

 

 

 

 

 

 

O luns 19 de novembro, reuniuse a xunta electoral para a proclamación de candidaturas e o sorteo das mesas electorais. Apróbase o seguinte:

  • Ao non haber candidatos representante das familias, elimínase a votación prevista para o día 26 de novembro ás 16:30h. Quedando vacante unha praza dos representantes das familias no Consello Escolar.
  • Proclámanse 2 candidatos representantes do sector de alumnado para ser electos e ocupar as 2 prazas vacantes: ´
    • FERNÁNDEZ DÍAZ, ANTONIO  de 1º ESO
    • MONTERO MARTÍNEZ, JOSÉ MANUEL de 2º ESO
  • Proclámanse 5 representantes do sector do profesorado para a renovación parcial de 3 profesores:
    • FRIEIRO SOTO, TERESA
    • GUTIERREZ MAROTO, JORGE
    • MORÓN RÍOS Mª BELÉN
    • PÉREZ FERREIRO, DELIA
    • SOTO CARBALLADA, CARMEN
  •  As votacións para a elección tanto do alumnado como do profesorado realizaranse o luns 26 de novembro pola mañá.
  • O 28 de novembro proclamaranse por parte da Xunta Electoral os novos membros do Consello Escolar, que constituirase o vindeiro 4 de decembro de 2012.

O día 7 de Novembro tivo lugar a Constitución da Xunta electoral e aprobáronse os censos dos distintos sectores que participan nas eleccións para a renovación parcial de membros do Consello Escolar.
A Xunta electoral quedou constituída por:
Presidente: Mª Blanca Cortizas Gómez (Directora)
En representación do profesorado: Juan Bautista Lorenzo Crespo
En representación das familias do alumnado: José Antonio Couce Iglesias
En representación do alumnado: Alba López García-Santamarina
En representación do persoal non docente: Cristina Vieites Iglesias
 Aprobouse o seguinte calendario electoral:

ACONTECEMENTO

DATA e HORA

LUGAR

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Do 8 ao 16 de novembro, ambos os dous inclusives

Oficinas administrativas

ADMISIÓN DE CANDIDATURAS POLA XUNTA ELECTORAL E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS

O 19 de novembro ás 15:45h.

 

Dirección do centro

VOTACIÓN ALUMNADO

O 26 de novembro no primeiro recreo

Na entrada do edificio administrativo

VOTACIÓN PROFESORADO

O 26 de novembro

Claustro extraordinario

VOTACIÓN DO PERSOAL NON DOCENTE

O 26 de novembro ás 13:30h.

Na entrada do edificio administrativo

VOTACIÓN DAS FAMILIAS

O 26 de novembro de 16:30 ás 19:30h.

Na entrada do edificio administrativo

PROCLAMACIÓN DE MEMBROS ELECTOS POLA XUNTA ELECTORAL

O 28 de novembro ás 15:45h.

Na dirección do centro

 CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 O 4 de decembro ás 16:30h

 Sala de Usos Múltiples

 

Recordar que según a lexislación vixente, pódense renovar:

  • 2 representantes do sector alumnado por estar vacantes.
  • 1 representante do sector de familias.
  • 1 representante do sector de persoal non docente, e
  • 3 representantes do sector do profesorado.

LEXISLACIÓN

  • Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 20 de setembro).

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26.01.99).

 

Nos arquivos adxuntos atópanse:

1.- O modelo de presentación de candidaturas para poder descargalo, ou ben pódese recoller nas oficinas administrativas.

2.- A información do proceso electoral ás familias

 

 

 

 

 

MODIFICACIÓN LISTADO DE COMEDOR ESCOLAR

O Consello Escolar do CPI Conde de Fenosa, reunido en sesión ordinaria o pasado 30 de outubro de 2012, aprobou o seguinte novo listado de usuarios de comedor escolar para este curso 2012-2013 (arquivo adxunto30.10.12).

A Dirección trala recepción dunha solicitude de baixa de 2 usuarios de comedor con data 6 de novembro, informa ao Consello Escolar e seguindo os acordos tomados, informa á familia de 2 novos usuarios de comedor seguindo a orde da reserva no listado anterior. Podedes consultar a información no arquivo adxunto (7.11.2012)

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Infórmase do proceso para a Renovación dos membros do Consello Escolar.

LEXISLACIÓN:

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro
  • Orde do 28 de agosto de 1996

  • Orde do 21 de outubro de 1996

  • RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 20/09/12).

 

SORTEO PÚBLICO:

SORTEO PÚBLICO PARA DETERMINAR OS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL :


DÍA 31 DE OUTUBRO ÁS 12:30 H

NA   SECRETARÍA DO CPI

 

LISTADO DEFINITIVO DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2012-2013

O Consello Escolar do día 11 de setembro de 2012, aproba o listado definitivo de ususarios de comedor escolar despois da atención ás reclamacións e rebaremando as solicitudes.Documento adxunto.

O Comedor escolar comezará o vindeiro xoves 13 de setembro.

Contra esta resolución pódese reclamar mediante recursos de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DO COMEDOR 2012-2013

Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado provisional de usuarios de comedor escolar para o curso escolar 2012-2013 aprobado no Consello Escolar o día 5 de setembro de 2012, a normativa e criterios de admisión e o sorteo público da letra do primeiro e segundo apelido en caso de empate..

Contra esta resolución ábrese un período de 5 días para posibles alegacións.

O vindeiro día 11 de setembro reunirase o Consello Escolar para aprobar o listado definitivo.

Distribuir contido