SORTEO PÚBLICO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL QUE REGULARÁ O PROCESO DE RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

SORTEO PÚBLICO 

 

Segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido

 

na disposición adicional primeira  do Decreto 324/1966, do 26 de xullo  (DOG do 9 de agosto), o MÉRCORES,

 

DE NOVEMBRO, celebrarase neste Centro o sorteo público para a designación dos membros da

 

Xunta Electoral que estará formada por:

 

  • A Directora

  • Un membro do profesorado

  • Un pai/nai

  • Un representante de PAS

  • Un alumno/a de secundaria

 

A RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

establece o calendario para a realización desas eleccións e, neste centro e ano, soamente se levará a cabo

renovación da metade de membros (3 ) de profesorado e unha praza vacante de alumnado.

 

O sorteo terá lugar ás 13’00 horas o mércores no despacho da dirección do centro e levantarase acta

do mesmo.

 

A dirección

Ampliación das axudas de material

A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades vén de publicar no DOG nº 196 unha Resolución de concesión directa ás familias  que xa lle concederan a axuda ao inicio de curso, dunha ampliación da axuda de 25 euros.

A partir do martes. 18 de outubro, as familias que lle foi concedida a axuda previamente, poden pasar a recoller os vales na oficina administrativa (sen necesidade de facer a soicitude) en horario de 9:30 ás 13:30h. No caso de non poder, poden delegar noutra persoa cunha autorización escrita, identificando co DNI , ben por correo electrónico ou persoalmente.

Máis información

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023  (Modificado)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E SOCIOS DA ANPA

Prezadas familias, a ANPA dp CPI As Mirandas da a benvida ao novo curso escolar e está a organizar as actividades extraescolares que se levarán a cabo no curso 2022-2023.

Achego a documentación precisa:

 

 

 Estas fichas tamén estarán a disposición no centro educativo, na oficina administrativa.

INICIO DO NOVO CURSO 2022-2023

A Dirección da a benvida ás familias, profesorado, alumnado e persoal  no inicio do novo curso escolar. 

    • Horario da oficina administrativa de atención ao público é de 9.30 ás 13:30h.
    • O 2 de setembro a partir das 12:00h, tras a reunión do Consello Escolar, saiu publicada a listaxe provisional de admitidos no Comedor Escolar.  Poderán consultarse no centro educativo diante da oficina administrativa. Por protección de datos non se pode realizar fotos ás listaxes. Hai un período de reclamación de 5 días.
    • O día 7 de setembro haberá reunión coas familias do alumnado de 4º de infantil ás 11:30h , citadas telefónicamente.
    • O día 8  comezará o curso en todos os niveis educativos, infantil, primaria e ESO.  Haberá transporte e  Comedor.
      • Ás 9:30h o alumnado de 3º, 4º , 5 e 6º de Primaria e a ESO
      • Ás 9:45h o alumnado de Infantil e 1º e 2º  de Primaria.

 

Grazas pola vosa comprensión!

LISTAXE DEFINITIVA DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 A partir de hoxe, 21 de xullo, están publicadas no taboleiro do centro, as listaxes DEFINITIVAS das axudas para adquisición de libros de texto, fondo libros e material escolar.

Non se poderán sacar fotos das listaxes.

  • Os vales de libros (1º e 2º de Primaria) e os vales de material poden recollerse hoxe e mañá (22 de xullo) na oficina administrativa. Tamén poden recollerse a partir do 1 de setembro, sen problema.
  • Os libros do fondo (3º, 4º de Primaria e 3º , 4º da ESO) entregaranse polos titores/as unha vez comezado o curso.

 

O centro permanecerá pechado ata o 1 de setembro. As listaxes provisionais de usuarios de comedor sairán publicadas o 2 de setembro despois da súa aprobación polo CE.

As urxencias atenderémolas a través do correo electrónico: cpi.asmirandas@edu.xunta.gal

 Feliz verán!

 

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

AVISO IMPORTANTE:

O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.

A PARTIR DO LUNS, 11 de xullo, PUBLICARANSE A LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS E A PARTIR DO 22 DE XULLO PUBLICARASE A DEFINITIVA.

 

INFANTIL E PRIMARIA:

  • PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).

 

  • DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22. 

 

SECUNDARIA:

    • PRAZO: Do 27 ao 30 de xuño, preferiblemente. 

 

    • DOCUMENTACIÓN:
    1. Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (entregarase ao alumnado o día 27 de xuño).
    2. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
    3. Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta ES55 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
    4. Fotocopia do DNI.

SECCIÓNS BILINGÜES:  As seccións bilingüespara o vindeiro curso académico serán as seguintes:

  • Plástica en 5º EP 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE E COMEDOR):

A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula. 

IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS  (O prazo estará aberto dende mañá 29 de xuño ata o 12 de xullo)

 

VARIACIÓN DE DATOS:

            Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais (2º,4º e 6º EP), e/ou Proxecto Competencial (1º, 3º e 5º EP)  ou viceversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.

            Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2022-2023

 Nos seguintes enlaces podedes descargar a listaxe de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico : 

 

CALENDARIO De EXAMES E ENTREGA DE NOTAS DA ESO

A ENTREGA DE NOTAS SERÁ O LUNS 27 DE XUÑO ÁS 11:00H

 

 

 

IV FEIRA : ECOESCOLARES

O luns, 6 de xuño, levaremos a cabo a IV Feira do Proxecto de centro: ECOESCOLARES. O nome foi  proposto e elixido por todo o alumnado do centro despois de informarlles que se ía a levar a cabo un proxecto  co tema Ecoloxía e Medioambiente.

Convídase a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares, en xeral, a visitar a Feira que estará aberta ao público de 16:30 ata 18:00h. Agradecemos a colaboración do Concello, alumnado, persoal e familias do centro así como a todas as persoas que, desinteresadamente, puxeron o seu grao para o desenvolvemento do proxecto.

Consigamos, entre todos, que a Feira sexa un éxito!

 

AGRADECEMENTO SAVE THE CHILDREN

A organización Save th children agradece á implicación de toda a Comunidade Educativa do CPI As Mirnadas e ao pobo de Ares pola donación para atención de miles de nenos e nenas  ucraínas, na actual situación de emerxencia que están vivindo.

Distribuir contido