AVISO ÁS FAMILIAS -NOVAS INSTRUCIÓNS TRANPORTE E COMEDOR ESCOLAR

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, informa ás familias do noso centro sobre as novas Instrucións 3/2012 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar para o vindeiro curso 2012-2013.

Cabe destacar o seguinte:

  • Será usuario lexítimo do transporte escolar o alumnado cuxo domicilio atópase a unha distancia igual ou superior a 2 km do centro escolar. Este alumnado terá dereito ao comedor escolar gratuíto.
  • Poderáse autorizar excepcionalmente pola Xefatura Territorial o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea aunha distancia inferior a 2km e superior a 1km en zona urbana ou 500m en zona non urbanizada e, en ningún caso, comportará preferencia algunha no acceso ao comedor escolar ou a súa gratuidade.

 

Por iso, dende a Dirección infórmase ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia inferior a 2km que anteriormente por existir parada de transporte só presentaban o certificado de empadroamento, poden solicitar a autorización excepcional de usuario de transporte e tamén, deben acompañar coa solicitude de comedor os documentos que sexan precisos para optar a ser usuario de comedor: familia numerosa, situación socioeconómica desfavorable, incompatibilidade horaria das familias.... segundo o documento de solicitude de comedor adxunto na formalización de matrícula.

Para ser usuarios de comedor no curso escolar 2012-2013, vanse baremar de novo todas as solicitudes tendo en conta as novas instrucións.

O prazo de presentación das solicitudes de comedor rematará o vindeiro 20 de xullo.

Adxuntamos as instrucións 3/2012 de transporte escolar e 1/2012 de comedor escolar enviadas aos centros escolares para o vindeiro curso escolar 2012-2013.

AdxuntoTamaño
Instrucion3-2012_de_transporte_escolar_curso_2012-2013.pdf198.33 KB
Instrucion1-2012_de_xestion_directa_curso_2012-2013.pdf615.07 KB