ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

CURSO 2024–25

 

Os listados provisionais do alumnado admitido para o curso 2024-2025 poden consultarse no taboleiro de anuncios do centro.

Todas as solicitudes ordinarias de admisión foron admitidas e teñen praza no centro para o curso 2024-25.

Non é preciso achegar documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.

 

Poderasen consultar os listados nos taboleiros do centro a partir do 25 de abril.

Normativa reguladora do procedemento:

·        

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598040222-0004_gl.html.

·        

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Prazo de presentación de solicitudes de reserva:

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Postos escolares ofertados en cada nivel e etapa:

ENSINO

NIVEL

VACANTES

INFANTIL

40 (6 NEE)

17

13

PRIMARIA

0

7

6

2

6

10

ESO

24 (6NEE)

14

20

26

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 20 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

Nota informativa:

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados:

Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 21 de marzo e o 11 de abril, ambos os dous incluídos.

Data de publicación da listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido e non admitido e prazo para formular a reclamación:

As listas provisionais de admitidos/as publicaranse o día 25 de abril de 2024, podendo reclamar contra as mesmas no prazo de 5 días hábiles mediante instancia dirixida á Dirección do centro.

As listas definitivas de admitidos/as publicaranse o 15 de maio de 2024.

Prazo para formalizar a matrícula:

A formalización de matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 8 de xullo na E.S.O.

Centros que ten adscritos e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso:

O CPI As Mirandas está adscrito ao IES de Mugardos.

Servizos complementarios que ofrece o centro, identificando a normativa concreta que os regule:

O alumnado poderá usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.

·        

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

·        

DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, modificado por DECRETO 65/2014, do 28 de maio.

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

O alumnado e ás familias poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).