SOLICITUDE BOLSAS ESTUDOS

  Infórmase da publicación das Bolsas do MEFP para o curso 2022-2023

Este ano adiántase o prazo de solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional que será do 30 de marzo ao 12 de maio, adicadas ao alumnado que vai comezar os estudos de Bacharelato e/ou ciclos de FP.

É necesario pedir a bolsa neste prazo (a pesares de que aínda non estean abertos os periodos de matrícula nos estudos que vos interesan, ou non saibades o que  ides estudar... neste caso debedes poñer os estudos máis probables e, cara a setembro, poderás cambialo.)

 

O alumnado que pode solicitar as devanditas bolsas son os que vaian a estudar:

 

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.

b) Formación profesional de grao medio e supeiror, incluidos estudios de fp realizados en centros militares

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas deportivas

e) Ensinanzas artísticas superiores

f) Estudos relixiosos superiores

g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiales de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.

h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso a formación profesional e cursos de formación específicos para o accesos aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de fp

 i) Ciclos formativos de grao básico

 

Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP e no seguinte enlace:

MÁIS INFORMACIÓN