INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS - EDIXGAL E AULA VIRTUAL

Prezadas familias:

Informamos que o Plan de continxencia do noso centro contempla a educación telemática en caso de haber confinamento nunha aula ou en todo o centro, levamos días traballando co alumnado na aula virtual e vos informamos do procedemento en cada nivel/etapa educativa.

No seguinte enlace podedes atopar un videotitorial para o acceso á aula virtual para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e a ESO. Pregamos as familias realicen probas de acceso co alumnado e se hai dúbidas podedes achegalas polo correo electrónico:

 


"Este ano continuamos no noso centro co Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións.

Tedes o folleto informativo no enlace EDIXGAL, asemade no portátil do alumno vai un adhesivo que, a través do escaneo do código QR que contén, dirixe á páxina informativa do proxecto onde tedes videostitoriais contándolles todo o que deben saber sobre o Proxecto Edixgal e o tratamento ao portátil que acaban de recibir.  
Aínda así para calquera dúbida que precisedes estamos no centro a vosa disposición e no seguinte enlace:


Este ano os acordos de cesión soamente deberán ser asinados polas familias que teñan os portátiles de nova adxudicación. Enviaremos a través dos voso fillxs estes acordos de cesión que deberán ser remitidos ao centro.

Bo día e moita saúde!!!"

AdxuntoTamaño
Guía de acceso á aula virtual.pdf455.49 KB