INFORMACIÓN SOBRE AS MATRÍCULAS PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-21

 

AVISO IMPORTANTE:

O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.

 

INFANTIL E PRIMARIA:

    • PRAZO: Do 01 ao 10 de xullo, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).
    • O día preferente é o xoves, día 2 de xullo.
    • DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22. 

 

SECUNDARIA:

  • PRAZO: Do 01 ao 10 de xullo (os/as que superen todas as materias ou promocionen ou titulen en xuño)e do 1 ao 10 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).

 

    • Os días preferentes son:

       Mércores 1 de xullo:   4º de ESO

      Venres, 3 de xullo:      3º de ESO

      Luns. 6 de xullo:         2º de ESO

      Martes 7 de xullo:       1º de ESO

AVISO ÁS FAMILIAS E ALUMNADO DE ESO:  Debido á situación do estado de alarma vivida co COVID a Consellería de Educación conxelou o procedemento de apertura de novas seccións bilingües, polo que no vindeiro curso académico non podemos ofertar as que tiñamos pensado e informado ( novas en matemáticas  e música), Soamente ofertaranse as que xa temos aprobadas: Plástica en 5º EP e Música en 1º e 3º de ESO.

  • DOCUMENTACIÓN:
    1. Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (Recoller no centro a partir do 22).
    2. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
    3. Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
    4. Fotocopia do DNI.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula.

IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

 

VARIACIÓN DE DATOS:

            Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viveversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.

            Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2020-2021

 Nos seguintes enlaces podedes descaragar o listado de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico :

AdxuntoTamaño
Impreso comedor 2020-21.pdf171.49 KB